miniatura|300x300px|Diversos tipos, graos e evolución de alopecia parcial de patrón masculino (escala Hamilton-Norwood). A alopecia androxenéticaA alopecia denomínase androxenética, xa que está producida por factores ligados á masculinidade. O adxectivo "androxénico, -a" está reservado no dicionario galego de termos médicos (p.35) para o que ten "efecto masculinizante" (véxase tamén andróxeno). ás veces traducida ao galego como alopecia androxénica, é a perda de cabelo que afecta principalmente a parte superior e frontal do coiro cabeludo. Nos homes, chámase alopecia androxenética de patrón masculino, tamén coñecida como alopecia ou calvicie masculina e nas mulleres, alopecia androxenética de patrón feminino. Nos homes, maniféstase principalmente polo retroceso da zona co cabelo, mentres que nas mulleres maniféstase como un cabelo progresivamente máis fino.
Causas Crese que a perda de cabelo masculina é causada por unha combinación de factores xenéticos e a hormona masculina dihidrotestosterona. Non obstante, aínda non se comprenden completamente as causas da alopecia en mulleres.
Tratamento
Efectos psicolóxicos O tratamento pode consistir simplemente en aceptar a condición de calvicie. Con todo, a alopecia pode ter un impacto psicolóxico significativo. As persoas que experimentan perda de cabelo poden sufrir de ansiedade, depresión e fobia social debido á alteración da súa imaxe corporal e á percepción de non cumprir coas normas sociais de aparencia.
Tratamentos farmacolóxicos Outros posibles tratamentos inclúen os medicamentos minoxidil ou finasterida. Porén, a evidencia da eficacia da finasterida nas mulleres é limitada e pode causar malformacións fetais se se toma durante o embarazo.
Transplante de cabelo O transplante de pelo ou cabelo é unha técnica cirúrxica que extrae folículos pilosos dunha parte do corpo, chamado "sitio doante" a unha parte calva chamada "sitio receptor". Algúns pacientes poden beneficiarse coa aplicación tópica pre-operatoria de minoxidil e vitaminas.
Prevalencia A alopecia androxenética é a causa máis común de caída do cabelo e afecta ao 50% dos homes e ao 25% das mulleres aos 50 anos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Alopecia Calvicie Coiro cabeludo Dermatoloxía Folículo piloso Pelo Transplante de pelo
Categoría:Doenzas da pel Categoría:Pelo Categoría:Dermatoloxía