Zeng Shen, máis coñecido como Zengzi (chinés tradicional e simplificado: 曾子; pinyin: Zēngzǐ; Wade-Giles: Tseng1-tzu3), nado en 505 a.C. e finado en 435 a.C., nome de cortesía Ziyu (子輿), foi un filósofo chinés e discípulo de Confucio. Tamén foi mestre do neto de Confucio, Zisi, quen o sería á súa vez de Mencio, establecendo así unha liña de transmisión da tradición confuciana ortodoxa. Está considerado un dos Catro Sabios do Confucianismo.

Traxectoria miniatura|Estatua que representa a Zengzi (dereita) coa súa nai|alt=Estatua que representa a Zengzi (dereita) coa súa nai Zeng Shen era 46 anos máis novo ca Confucio. Nacera na cidade de Wu, no sur do reino de Lu, fillo de Zeng Dian, un dos primeiros discípulos de Confucio.

Aos 16 anos, o seu pai enviouno a estudar con Confucio. Os pensadores confucianos posteriores considérano o seu segundo discípulo máis vello, despois de Yan Hui. Duanmu Ci dixo del:

Zengzi destacou pola súa piedade filial, e tras o pasamento dos seus pais non podía ler os ritos de loito sen chorar. Foi un escritor moi prolífico. Chegou a escribir dez libros, e compilou o Da dai li 大戴禮 ("Os ritos do ancián Dai"). Atribúeselle a edición do Xiaojing, baixo a dirección de Confucio. Participou tamén na transmisión do Zhongyong.

Zengzi estableceu a súa propia escola, onde ensinou a Zisi, o neto de Confucio, quen á súa vez sería mestre de Mencio. Deste xeito, principiou toda unha saga de transmisores da ortodoxia confuciana. Xunto con Yan Hui, Zisi e Mencio, Zengzi está considerado un dos Catro Sabios do Confucianismo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Confucianismo Xiaojing

Ligazóns externas

Obras de Zengzi traducidas en España

Categoría:Nados en -505 Categoría:Finados en -435 Categoría:Filosofía chinesa Categoría:Confucianismo