José Salinas Morán, nado en Callosa de Segura o 30 de setembro de 2000, é un futbolista valenciano que xoga como lateral esquerdo no Elche, da Segunda División.
Traxectoria Formado nas canteiras do Kelme e do Elche, debutou co Ilicitano na Terceira División o 22 de setembro de 2019, ante o Novelda CF. O 6 de xaneiro de 2021 debutou co primeiro equipo, nunha vitoria por 0-1 ante o CF La Nucía na Copa do Rei. O 21 de agosto prorrogou o seu contrato por un ano máis e foi cedido ao Unionistas de Salamanca, da Primeira Federación.
En xullo de 2022 foi cedido ao Mirandés, da Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados na provincia de Alacant Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Elche CF Ilicitano Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca Categoría:Xogadores do CD Mirandés