Ruben Marinelarena Gallego, nado en Chicago o 20 de novembro de 1979 é un político demócrata e exmilitar estadounidense. É o representante dos Estados Unidos para o sétimo distrito do Congreso de Arizona desde o 3 de xaneiro de 2015.

Traxectoria

Familia e formación Gallego é de nai colombiana e pai mexicano. Criouse en Illinois con tres irmás, criado por unha nai solteira. Estudou relacións internacionais na Universidade de Harvard, onde foi membro de 'Sigma Chi'.

Carreira profesional esquerda|miniatura|Logo de campaña de 2024. Gallego serviu como cabo na Armada dos Estados Unidos durante a guerra de Iraq.

Logo do seu retorno, entrou en política e foi elixido para a Cámara de Representantes de Arizona en 2010, onde traballou en iniciativas de apoio a veteranos de guerra e educación.

En 2014, foi elixido para o Congreso, representando tamén partes de Phoenix e Glendale.

Considerado un político progresista, apoia a legalización do cánnabis, o aumento dos fondos para enerxía renovable e reformas migratorias que inclúan apoio aos menores en risco de deportación.

Foi o presidente nacional da campaña presidencial de 2020 de Eric Swalwell.

Gallego é o candidato do Partido Demócrata ao Senado dos Estados Unidos nas eleccións de 2024.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Representative Ruben Gallego , Sitio oficial (U.S. House) Campaign website (gallegoforarizona.com)

Categoría:Políticos do Partido Demócrata dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Políticos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia mexicana Categoría:Estadounidenses de ascendencia colombiana