Non confundir con Pedro de la Sierra Infanzón (escritor do s. XVI).
miniatura|Claustro renacentista do mosteiro de San Clodio. Pedro de la Sierra, nado en Secadura, Voto, Cantabria, foi un mestre de obras na transición de arte galega do século XVI ao XVII.
Traxectoria Entre os traballos máis salientables están os que realizou en 1599 na igrexa do mosteiro de Santa María de Montederramo (1598) e no mosteiro de San Clodio de Leiro en 1623. Cómpre mencionar tamén as obras no Convento de San Francisco de Ribadavia (1607).
O cabido da catedral de San Martiño de Ourense tamén reclamou os seus servizos para finalizar as obras de construción do deambulatorio da devandita catedral, que rematou no ano 1633.
As súas obras caracterízanse polo equilibrio e a elegancia e definen exemplos do mellor da arquitectura conventual e monacal da época en Galicia. miniatura|Bóvedas de cruceria do claustro renacentista do mosteiro de San Clodio.|centro
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Arquitectura do Renacemento Comarca de Trasmiera Ligazóns externas "El monasterio de Montederramo" (21/2/2013) obufodasburgas.wordpress.com .
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XVII Categoría:Nados en Cantabria Categoría:Nados no século XVI Categoría:Finados no século XVII