Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.

Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Empezou a traballar en 1933 no xornal La Región e despois pasou a El Pensamiento Navarro e La Voz de España de Donostia. Logo da guerra civil española asentouse en Madrid e comezou a traballar na Axencia EFE cubrindo a segunda guerra mundial.

Traballou como crítico teatral en El Alcázar e Informaciones. Tamén na revista Mundo, de contidos internacionais. En 1957 comezou no semanario Blanco y Negro, do que foi redactor xefe entre 1963 e 1967. Nese ano pasou a dirixir a revista Miss, e en 1973 regresou como subdirector a Blanco y Negro, que dirixiu entre 1976 e setembro de 1978. Nese ano pasou ao ABC, onde redactaba a columna "Cada día”, crítica teatral e crónica parlamentaria. En 1964 escribiu a comedia teatral Los Justicieros, que acadou o Premio Lope de Vega 1964 do Ayuntamiento de Madrid. Estreouse en xaneiro de 1965 no Teatro Español de Madrid co título Epitafio para un soñador. Escenificou a novela Pobres gentes de Fiódor Dostoievski e promoveu en España a vangarda teatral do momento, representada por Iniesco e Camus. Vida persoal Foi irmán do mestre e pintor Manuel Prego de Oliver, e pai da xornalista Victoria Prego e do xurista Adolfo Prego de Oliver y Tolivar.

Obra

Señor profesor (Madrid: Vértice, 1939) Héroes españoles en Rusia (Madrid: Publicaciones Españolas, 1954) La ruta del perdón (sinopsis cinematográfica) (Madrid: Copión, 1961) Epitafio para un soñador: drama en tres actos (Madrid: Alfil, 1965) La caracola y la campana: romance para juglares de ayer y hoy (Madrid: Playor, 1978; con C. M. Suárez Radillo) El exiliado (inédita) Comedia para estudiantes (inédita)

Distincións Premio Lope de Vega 1964 por Los Justicieros. Premio Foro Teatral 1973 á labor crítica. Premio de xornalismo Julio Camba polo artigo “La carcajada de Newton” (ABC).

Notas

Categoría:Nados en 1913 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 2000 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá