Nikolai Alexandrovich Iaroishenko (en ruso: мико́ла олекса́ндрович яроше́нlor), nado o 13 de decembro de 1846, en Poltava, naquela altura no imperio ruso, e finado o 8 de xullo de 1898, en Kislovodsk no Rkrei de Stavropol, foi un militar e pintor realista do século XIX.
Traxectoria Fillo dun oficial do exército ruso, seguiu o camiño do seu pai e ingresou en diferentes academias militares. Estando en San Petersburgo, seguiu un curso de pintura (1867-1874) na Academia Imperial das Artes, onde tivo como profesor a Ivan Kramskoi. Viviu vinte e cinco anos en San Petersburgo, preto do Arsenal, servindo no exército onde acadou o grao de xeneral de artillería.
En 1876 converteuse nun dos líderes do movemento Peredvíjniki ("itinerantes") e foi nomeado polo resto dos membros "a conciencia dos itinerantes", pola súa integridade e o cumprimento dos principios do movemento. Retirouse do exército como xeneral de división en 1892 e trasladouse a Kislovodsk, cidade do Cáucaso ruso, onde morreu e foi enterrado en 1898.O. A. Bilousko, V. I. Myroshnychenko, Нова історія Полтавщини. Кінець XVIII - початок XX століття (Nova historia da rexión de Poltava), Poltava: "Оріяна" (Oriana), 2003, 254 páx., Особности. Микола Олексaндрович Ярошенко (en ucraíno). Consultada o 22 de decembro de 2010.
Foi un dos máis destacados pintores realistas rusos de finais do XIX. Pintou cadros de xénero e retratos, reflectindo todas as paixóns da alma humana.
Obras
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1846 Categoría:Pintores de Ucraína Categoría:Pintores de Rusia Categoría:Nados en Ucraína