miniatura|Calendario hindú 1871-72 O termo calendario hindú é confuso xa que se refire ao conxunto de calendarios rexionais da India, que se comportan de distintos xeitos, así como ao Calendario nacional indio.
Poden ser "calculados" (como o calendario gregoriano por exemplo), de tal maneira que o número de mes, días no mes etc. son sempre os mesmos, determinados por regras, mediante os cales inténtase que dean resultados conforme o movemento real das estacións, o sol e os astros. Poden ser "astronómicos", de tal maneira que a observación efectiva dos eventos astronómicos determinan o comezo dos anos e os meses. Así, o número de días por mes e ano pode variar, non é un calendario previamente fixado ou planeado: o ceo, as observacións astronómicas son o calendario, pero iso redunda nunha perfecta exactitude. Poden ser solares, fundamentados no movemento do sol. Poden ser lunares, fundamentados no movemento da lúa; pero como iso conduce a incongruencia co movemento solar (como acontece no calendario musulmán), os calendarios lunares son máis exactamente lunar-solares, porque tamén se considera o movemento solar e inténtase seguilo da maneira máis fiel posíbel.
Tamén existen varias eras.
a Era Vikram. a Era Saka: o ano 0 é o 78, o 79 é o ano 1, o 21 de marzo de 2000 comezou o ano 1922; véxase orixe da era Saka.
Por decreto publicado na Gazette of India estableceuse en 1957 o Indian National Calender (calendario nacional indio), que é de tipo calculado e solar, e cuxa era é a Saka.
Estacións e meses nos calendarios hindús corresponde no calendario occidental nomes dos meses (en hindi) pronunciación aproximada Estacións marzo - abril चैतर cheitr वसंत (vasant, = “primavera”) abril - maio वेशाख veshaj maio - xuño जयैषठ ou जेठ yieshz ou yez गरीषम (grishm = “as calores”) xuño - xullo आशाढ़ ou असाढ़ âshâŗh ("r" pronunciado coa lingua na mesma posición que para pronunciar "d" + expiración) xullo - agosto सावन shrâvan ou sâvan वरषा (varşhâ = “as choivas”) agosto - setembro भादरपद ou भादों bhadõ setembro - outubro आशिव ou कवार âshvin ou kvârशरद (sharad = “outono”) outubro - novembro कािरतक kârtik novembro - decembro अगहन aghan हेमंत (hemant = “inverno”) decembro - xaneiro पौष ou पूस pûs ou paush xaneiro - febreiro माघ mâgh िशिशर (shishir = “a rosada”) febreiro - marzo फगुन ou फलगुन fagun o falgunaquí os meses preséntanse na orde do "Calendario Nacional Hindú", os meses empezan entre o 20 e o 23 do primeiro mes occidental citado, duran 30 ou 31 días, noutros calendarios a duración pode ser máis variable (entre 29 e 32).
Eras :
O 21 de marzo de 2000 (calendario gregoriano) comezou:
o ano 1922 da era Saka o ano 2057 da era Vikram
A era Kali (a era "kali yuga" ou do ferro) comezou o 18 de febreiro de -3102 do calendario gregoriano.
Días da semana no calendario hindú (segundo os nomes hindús):
Domingo : रविवार o इतवार Luns: सोमवार Martes: मंगलवार Mércores: बुधवार Xoves: गुरुवार aux बृहसपितवार Venres: शुक्रवार Sábado: शनिवार
Ligazóns externas:
Calendario solar hindú. Calendario lunar hindú.
Categoría:Calendarios Categoría:Cultura da India