Julián Sanz del Río, nado en Torrearévalo (provincia de Soria) o 10 de marzo de 1814 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1869, foi un filósofo, pedagogo e xurista español, un dos impulsores do krausismo.
Traxectoria Estudou na Universidade de Granada e logo en Madrid, onde será catedrático de Historia da Filosofía. En 1843 foi enviado a ampliar estudos en Alemaña, impregnándose alí da filosofía de Krause, que difundirá en España ao seu regreso, o que orixinará unha rama española do krausismo, provocando importantes mudanzas na vida intelectual deste país nos séculos XIX e XX.
Un dos seus discípulos máis destacados foi Francisco Giner de los Ríos, fundador e director da Institución Libre de Enseñanza.
Obras Entre as súas obras salientan: Lecciones para el sistema de filosofía analítica de Krause (1850). Sistema de filosofía; Metafísica (Primeira parte) e Análisis, 1860 (Segunda parte). Síntesis, (1874). Análisis del pensamiento racional (1877). Filosofía de la muerte (1877).
Categoría:Filósofos de Castela e León Categoría:Escritores de Castela e León Categoría:Nados en 1814 Categoría:Finados en 1869 Categoría:Nados na provincia de Soria Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Krausistas