miniatura|Apelación ao Grande Espírito, estatua de 1908 feita por Cyrus Dallin, no Museo de Belas Artes de Boston. O Grande Espírito é unha forza de vida omnipresente e suprema, xeralmente conceptualizada como un deus ou ser supremo, nas crenzas relixiosas tradicionais de moitas culturas indíxenas do Canadá e os Estados Unidos. As interpretacións del varían entre as culturas.

Na tradición lakota, o Grande Espírito é coñecido como Wakan Tanka.Ostler, Jeffry. The Plains Sioux and U.S. Colonialism from Lewis and Clark to Wounded Knee. Cambridge University Press, 5 de xullo de 2004. , páx 26.Marks, M., & Fauteck, L. (2007). Great mysteries: Native North American religions and participatory visions. ReVision, 29(3). De acordo co activista lakota Russell Means, unha tradución semanticamente máis precisa de Wakan Tanka é o Gran Misterio.Means, Robert. Where White Men Fear to Tread: The Autobiography of Russell Means. Macmillan, 1995. pg 241. A miúdo, as oracións en lingua lakota comezan dicindo “Tunkasila”, que se traduce como “avó, Grande Espírito.”

Na tradición haudenosaunee, o Grande Espírito é "o Creador". O capitán da selección de lacrosse Haudenosaunee Lyle Thompson, caracterizouno como "o Creador que vive en todos nós. Está no sol. Está na lúa. Está nas estrelas e na auga. Está na terra".McDonald, Thomasi (16 de novembro de 2023) | Duke Today.Recapturing the Indigenous roots of lacrosse

Na tradición algonquina, o Grande Espírito é coñecido como Gitche Manitou.Thomas, Robert Murray. Manitou and God: North-American Indian Religions and Christian Culture. Greenwood Publishing Group, 2007. pg 35.

Debido ás semellanzas percibidas entre o Gran Espírito e a deidade cristiá, os misioneiros coloniais europeos fixeron unha comparación entre as dúas divindades como unha técnica de conversión ao cristianismo.References: Schoolcraft, Henry R. The Myth of Hiawatha and other oral Legends, Mythologic and Allegoric of the North American Indians. J.B. Lippincott & Co. 1856. Brehm, Victoria. Star Songs and Water Spirits, a Great Lakes Reader. Ladyslipper Press. 2011.

Igrexa nativa americana A crenza contemporánea no Grande Espírito está xeralmente asociada coa Igrexa nativa americana. A doutrina relativa ao Grande Espírito dentro desta tradición moderna é moi variada e xeralmente adopta as ideas cristiás dun Deus monoteísta xunto con concepcións animistas.Descoñécese o número de adeptos a estas crenzas contemporáneas no Grande Espírito, mais é probable que superen o cuarto de millón de persoas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Igrexa nativa americana Danza dos espíritos

Categoría:Deuses creadores Categoría:Relixión nativa americana