O municipio de Kurzeme Meridional (en letón, Dienvidkurzemes novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, que uniu na maior fusión de extintos concellos o municipio de Aizpute, o municipio de Durbe, o municipio de Grobiņa, o municipio de Nīcas, o municipio de Pāvilosta, o municipio de Priekule, o municipio de Rucava e o municipio de Vaiņode. Limita ao oeste coa cidade estatal de Liepāja e o mar Báltico, ao norte co municipio de Ventspils, ao leste cos municipios de Kuldīgas e Saldus, así como ao sur cos condados de Klaipėda e Telši de Lituania. O centro comarcal está situado na cidade de Grobiņa.

En 2021 a Saeima tomou a decisión de que en 2029 a rexión de Kurzeme Sur se fusionase coa cidade de Liepāja, nun intento dun maior incremento dos aforros estatais centralizando servizos, o que erixe oposición política con críticas ao detrimento dos mesmos servizos nas vilas fusionadas.

Historia Dende o II milenio a.C. antepasados ​​das pobos bálticos viviron no condado, dende o I milenio a.C. ata principios do século XIII, o territorio incluía as terras de Bandava, Piemare e Duvzare. No século XIII tiveron lugar moitas batallas na rexión entre os cruzados e lituanos, incluída a batalla de Durbe en 1260. En 1253, o territorio foi dividido entre a Orde de Livonia e o bispado de Kurzeme. O distrito parroquial de Aizpute, unha terceira parte de todo o municipio actual, pasou baixo o dominio de Dinamarca en 1559, Polonia en 1585, en 1617 foi incluído no distrito de Piltene baixo a administración directa do rei polaco, desde 1656 foi comprado polo duque Jacob dentro do distrito parroquial de Grobiņa, rexión administrativa existente entre o 1560-1609, suxeita a vasalaxe a Prusia desde 1562, as outras dúas partes do territorio foron incluídas no establecido Ducado de Kurzeme e Zemgale. En 1795 o ducado foi incluído no Imperio Ruso.

Cidades As cinco cidades do municipio son Grobiņa, Aizpute, Priekule, Pāvilosta e Durbe.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Organización territorial de Letonia

Rexións de Letonia

Kurzeme Meridional