Jacinto é un filme galego de 2021 dirixido e escrito por Javi Camino. Estreouse o 14 de outubro de 2021 no Festival de Cinema de Sitges. Na 20ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en 11 categorías, resultando gañador en catro delas, mellor interpretación masculina protagonista para Pedro Brandariz, mellor dirección artística, mellor maquillaxe e peiteado e mellor deseño de vestiario.

Sinopse

Jacinto é un neno de nove anos atrapado no corpo dun home de case cincuenta. Vive cos seus pais anciáns en Mallou, unha aldea en ruínas no medio das montañas de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan. Jacinto construíu un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana, dúas artistas escuras de black metal que veñen de Suecia na procura dun lugar tranquilo onde gravar o novo disco da súa banda. Os mundos de ambas as familias non poderían ser máis diferentes, e non tardan en aparecer os primeiros roces e problemas.

Personaxes Pedro Brandariz como Jacinto Becerra Ánxela Baltar como Alexandra Pulido Corinna Rautenberg como Ana Nödveit Juanma Buiturón como Millán Becerra Pilar Miguélez como Maruja Becerra Miro Magariños como Amancio Becerra Xúlio Abonjo como guindastrista David Perdomo como increpador da cantina Antón Coucheiro como increpador da cantina

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming Ligazóns externas Jacinto en AGalega

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia