miniatura|300px|Hospital de Sant Pau.Lluís Domènech i Montaner, nado o 21 de decembro de 1850 e finado o 27 de decembro de 1923, foi un político e arquitecto catalán que destacou polas súas obras edificadas en estilo modernista catalán.

Traxectoria Naceu en Barcelona e aínda mozo manifestaría o seu interese pola arquitectura. Estudou a carreira de arquitectura, ocupando posteriormente unha cátedra no Colexio de Arquitectura de Barcelona. Desde ese cargo exerceu unha influencia considerábel sobre como debía ser o modernismo en Cataluña. Escribiu un artigo titulado En busca d’una arquitectura nacional, publicado na revista La Renaixença (O Renacemento), que marcou o camiño cara a unha arquitectura moderna e nacional catalá.

Político miniatura|Casa Fuster.En 1892 presidiu a asemblea que redactou as Bases de Manresa, documento que puña os alicerces para a devolución das Constitucións catalás.

Arquitecto Como arquitecto, Domènech realizou edificios nos que se combina unha racionalidade estrutural con elementos ornamentais extraordinarios, inspirados nas correntes arquitectónicas hispano-árabes e nas liñas curvas propias do modernismo. No actual Museo de Zooloxía, construído orixinariamente como restaurante (El Castell dels Tres Dragons: O Castelo dos Tres Dragóns) con motivo da Exposición Universal de 1888, en Barcelona, Domènech utilizou estruturas de ferro a vista e cerámica, técnica que máis tarde, en 1908, perfeccionaría no Palau de la Música Catalana' (Pazo da Música Catalá). Este edificio, e os que proxectou posteriormente, incorporan unha profusión de mosaicos, cerámicas e vidro, policromados, dispostos con exquisita harmonía, que lles confiren un aspecto grandioso.

Contrariamente a outros arquitectos do modernismo, Domènech tendeu co paso do tempo a realizar edificios máis lixeiros, eliminando material nas estruturas, pero mantendo a ornamentación como elemento de primeira orde.

Domènech i Montaner faleceu en Barcelona aos 73 anos de idade.

Obras destacadas miniatura|Palau de la Música Catalana, Barcelona. Entrada Hospital de Sant Pau (Barcelona). Palau de la Música Catalana (Barcelona).

Outras obras importantes Casa Fuster (Barcelona). Casa Lamadrid (Barcelona). Casa Lleó Morera (Barcelona). Casa Thomas (Barcelona). Museo de Zooloxía (Barcelona). Editorial Montaner i Simón (Barcelona). Pazo Ramon Montaner (Barcelona). Ateneo Obreiro (Canet de Mar, Barcelona). Castelo de Santa Florentina (Canet de Mar, Barcelona). Casa Roure (Ca la Bianga) (Canet de Mar, Barcelona). Restaurante La Misericòrdia(Canet de Mar, Barcelona). Casa Solà Morales (Olot, Xirona). Casa Gasull (Reus, Tarragona). Casa Navàs (Reus, Tarragona). Casa Rull (Reus, Tarragona). Instituto Pere Mata (Reus, Tarragona). Grand Hotel (Palma). Cemiterio de Comillas (Cantabria). Fonte dos Tres canos (Comillas, Cantabria). Universidade Pontificia (Comillas, Cantabria).

Categoría:Arquitectos do Modernismo catalán Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1923