George Robert Newhart, nado en Oak Park, Illinois o 5 de setembro de 1929 e finado nos Ánxeles o 18 de xullo de 2024, foi un actor e humorista estadounidense. Participou en numerosos filmes e series de televisión.
Traxectoria Primeiros anos G. R. Newhart naceu en Oak Park e foi criado en Chicago, Illinois. Estudou na Loyola University de Chicago. Serviu no Exército dos Estados Unidos antes de comezar a súa carreira como actor.
Carreira audiovisual Newhart participou en moitas series, entre elas, as súas propias The Bob Newhart Show e Newhart. Tamén participou en diversos filmes, como a comedia de Nadal Elf. En 2011, fixo un cameo no filme Horrible Bosses, e en 2013 apareceu como convidado nun episodio de The Big Bang Theory, polo que gañou o seu primeiro premio Emmy como actor o 15 de setembro de 2013.
Pasamento Newhart morreu o 18 de xullo de 2024 na súa casa dos Ánxeles, California aos 94 anos.
Vida persoal Newhart casou con Virginia "Ginnie" Quinn en 1963. Ela morreu en 2023. Tiveron catro fillos.
Filmes Ano Título Papel Notas 1962 Hell Is for Heroes Pfc. James E. Driscoll Un drama da Segunda guerra mundial cun monólogo cómico de Newhart 1968 Hot Millions Willard C. Gnatpole 1970 On A Clear Day You Can See Forever Dr. Mason Hume Catch-22 Maj. Major Major 1971 Cold Turkey Merwin Wren 1977 The Rescuers Bernard voz 1980 Little Miss Marker Regret First Family President Manfred Link 1990 The Rescuers Down Under Bernard voz 1991 The Entertainers Todd Wilson 1997 In & Out Tom Halliwell 1998 Rudolph the Red-Nosed Reindeer: The Movie Leonard the Polar Bear voz 2003 Unha loira moi legal 2 Sid Post Elf Papa Elf 2004 The Librarian: Quest for the Spear Judson 2006 The Librarian: Return to King Solomon's Mines 2008 The Librarian: Curse of the Judas Chalice 2011 Como acabar co teu xefe Lou Sherman cameo
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil de Bob Newhart de American Masters Bob: A última entrevista Entrevista en catro partes con Bob Newhart con Horace J. Digby en A3Radio
Categoría:Humoristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Illinois