Gabriel Guimarães, nado en Guimarães o 14 de maio de 1998, é un matemático, youtubeiro e divulgador portugués. É coñecido pola súa canle de Youtube MathPunk (anteriormente, MathGurl), onde presenta asuntos matemáticos de xeito simplificado.

Traxectoria Achegouse ao mundo das matemáticas cando estudaba o sétimo curso. Conseguiu unha medalla de prata nas Olimpíadas Portuguesas de Matemática. En 2016 matriculouse na licenciatura de Matemáticas da Universidade do Porto. En 2021 obtivo un mestrado en Matemáticas pola súa alma máter, para despois principiar estudos de Ciencias da Computación na Universidade do Minho.

En 2015 creou a súa canle de YouTube, na cal aborda as matemáticas dun xeito sinxelo e con humor. Participou tamén en varias Ted Talks. No ano 2018, atinxiu máis dun millón e medio de visualizacións, chegando aos cen mil subscritores en 2021, grazas especialmente ao público brasileiro. En 2020 estreou na plataforma RTP Play a serie de 7 episodios Matemática Salteada, na que tratou o teorema de Pitágoras ou os números fractais, entre outros conceptos.

En 2019 foi padriño do Global Teacher Prize de Portugal, un dos principais premios do ámbito educativo. Nese mesmo ano, anunciou a fin da súa canle, mais finalmente só diminuíu o ritmo de publicacións, priorizando os vídeos curtos en plataformas como Instagram.

Obras Desafios Matemáticos Que Te Vão Enlouquecer (2018). Aborda temas de teoría dos números e xeometría. A Matemática Não Morde (divulgación infantil e xuvenil, 2025).

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade do Miño Categoría:Alumnos da Universidade do Porto Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados no distrito de Braga Categoría:Matemáticos de Portugal Categoría:Persoas trans