Arturo Vázquez Fernández, nado na provincia de Ourense o 6 de xaneiro de 1907,El Magisterio Español, 25-10-1934, p. 31. foi un mestre galego.

Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra.El Ideal Gallego, 24-2-1932, p. 1. En novembro de 1932 foi nomeado mestre interino de Soutelo (Manzaneda).Galicia, 9-11-1932, p. 1. En novembro de 1934 foi destinado a San Lourenzo de Trives.La Región, 16-11-1934, p. 6. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Trives polas súas "ideas e actuacións marxistas" a mediados de agosto.El Pueblo Gallego, 22-8-1936, p. 6.El Ideal Gallego, 22-8-1936, p. 3. Foi destituído como mestre o 27 de agosto.La Región, 28-8-1936, p. 2. Logo do proceso de depuración foi sancionado con suspensión de emprego e soldo por dous anos e traslado forzoso fóra da provincia en maio de 1940.La Región, 8-5-1940, p. 4. Foi destinado a Soto de San Esteban (San Esteban de Gormaz, provincia de Soria), de onde se trasladou a Loñoá do Camiño (O Pereiro de Aguiar) en 1946.El Correo Gallego, 23-7-1946, p. 3. miniatura|Arturo Vázquez Fernández, profesor represaliado no franquismo.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na provincia de Ourense Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido