Robustiano Collazo Álvarez, nado en Vigo cara a 1900 e finado na mesma cidade o 23 de xuño de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Veciño de Ceboleira Teis. Militante da CNT, era directivo do Sindicato de Industria Pesquera de Bouzas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar emitiu unha requisitoria para a súa presentación e a de Manuel Fandiño Ricart, José Santiago Torres, José Paz Freiría, Ezequiel Collazo Ferreira, Germán Rodríguez, Mariano Pintos Diéz, Andrés Cordero Berastegui e Indalecio Rodríguez o 26 de agosto.El Pueblo Gallego, 27-8-1936, p. 3. Capturado, foi asasinado no Toural o 23 de xuño de 1937.

Notas

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes