Casimiro José Pontes Méndez, nado en Portugal cara a 1907, foi un albanel e político galego.
Traxectoria Albanel en Vigo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar emitiu unha requisitoria para a súa presentación o 28 de agosto.El Pueblo Gallego, 29-8-1936, p. 3. Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 7 de novembro con Benigno Benavides Álvarez e Maximiliano Comesaña Pérez.El Pueblo Gallego, 8-11-1936, p. 3. Foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Ao rematar a guerra presentouse as autoridades. Xulgado en 1941, foi condenado a 12 anos de prisión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Maximino “O Sapo”
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Portugal Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido