A Irmandade Xurídica Galega (IXUGA), é unha asociación creada en 2008 e composta por xuristas e funcionarios da administración de Xustiza que promove o desenvolvemento do galego no eido xudicial.

Historia miniatura|Placa do monólito para conmemorar aos asinantes da primeira sentenza en galego. A asociación constituíuse o 21 de xuño de 2008 a partir dunha xuntanza celebrada no mosteiro de Celanova. Nese momento, formaban parte dela, 22 xuristas (maxistrados, xuíces, fiscais e avogados) e 5 funcionarios xudiciais.

En 2022, xunto coa Deputación e o Concello de Lugo, organizaron un acto no que se colocou, fronte aos Xulgados de Lugo, un monólito para conmemorar a primeira sentenza en galego, ditada polo TSXG o 27 de marzo de 1985.

A súa XV Asemblea celebrouse en Santiago de Compostela, o 22 de xuño de 2024 e o presidente da asociación era Xaquín Monteagudo.

Recoñecementos En 2016, recibiu o Premio da Cultura Galega, no apartado de Lingua, pola súa contribución.

Notas

Categoría:2008 en Galicia Categoría:Asociacións de Galicia