Dolores Samuelle Álvarez, coñecida como Perfecta, nada en Nigrán cara a 1865 e finada no mesmo concello o 13 de outubro de 1936, foi unha vítima da represión franquista en Galicia.

Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou na casa de Ventura Pérez Alonso, un vello cego ao que coidaba, aos irmáns José e Luis López Luis, coñecidos como os Ineses, fuxidos. Foi asasinada por un grupo de gardas civís, falanxistas e carabineros dun tiro na cabeza diante do portal da súa casa o 13 de outubro de 1933 ás 15:15 horas, logo de que mataran aos Ineses. Tiña 71 anos. Foi soterrada en medio dos Ineses foi exhumada pola familia anos despois e trasladada a un panteón familiar.El IEM recuerda a los vecinos del Val Miñor asesinados en octubre de 1936

Vida persoal

Foi nai de Perfecto, Concepción, Carmen e Esperanza. Notas

Véxase tamén Bibliografía A volta das nove

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Nados en 1865

Categoría:Finados en 1936