Benigno Puche Castro, coñecido como Puche, nado en Chapela (Redondela) cara a 1895, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Traxectoria Fogueiro veciño de Angorén. Presidente do sindicato Alianza Marinera de Chapela da CNT. Na folga xeral revolucionaria de 1934 realizou sabotaxes para cortar as liñas telefónicas con Vigo. Participou na asemblea do 3 de marzo de 1935 para a anexión de Chapela a Lavadores.El Pueblo Gallego, 24-3-1935, p. 3. Organizador de protestas e folgas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integróuse no comité de defensa da República e realizou accións para opoñerse ao golpe con Manuel Campelos Gómez. Fuxiu e estivo agochado no monte. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 29 de outubro xunto con José Gómez López, Federico Sánchez López, Manuel Franco, Alejandro Marocas, Manuel Castro e Eugenio Rodríguez Cabaleiro.El Pueblo Gallego, 30-10-1936, p. 3. Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 3 de xaneiro de 1937.El Pueblo Gallego, 6-1-1936, p. 3. Despois pasou a Portugal onde estivo un tempo. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xullo de 1937 con Juan Martínez Vila.BOE, 7-6-1937, p. 1787. Retornou clandestinamente a Galicia e instalouse en Vigo.

O 4 de agosto de 1938 foi localizado e detido nunha casa da rúa Abeleira Menéndez de Vigo onde se agochaba.El Compostelano, 8-8-1938, p. 2. Xulgado en Vigo por rebelión militar na causa 1372/38, foi condenado a cadea perpetua o 29 de outubro de 1938. Cumpriu condena na Prisión de Pontevedra, Prisión Provincial das Palmas, Sevilla e Sexta Agrupación de Colonias Penitenciarías Militarizadas de Dos Hermanas, de onde saíu en liberdade condicional en febreiro de 1944.BOE, 25-3-1944, p. 2460. Vida persoal

Casou con Estrella González Broullón e foi pai de Salud, Manuel e Carmen Puche González.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en ano descoñecido