alt=A room full of people watching a presentation|miniatura|300x300px| WiR traballando con bibliotecarios en Estocolmo. Un wikipedista en residencia é un colaborador da Wikipedia que traballa cunha organización, coñecido en inglés como Wikipedian in Residence, abreviado a WiR.
A súa tarefa é axudar á xente da organización de acollida a comprender o funcionamento da Wikipedia e os seus proxectos irmáns como Wikimedia Commons, Wikidata e Wikisource. Normalmente, o WiR non escribe sobre a organización onde traballa. Pola contra, axuda aos expertos da súa organización a escribir sobre as cousas do seu coñecemento.alt=see caption|miniatura|300x300px|ligazón=|alt=see caption|27x27px|The map is interactive when clicked Mapa interactivo de WiR, feito con Wikidata.
Historia O primeiro WiR, no ano 2010, colaborou co Museo Británico.
En 2016, máis de 100 persoas foran WiR. En 2020 había máis de 220.
Tipos de colaboración miniatura|400x400px| Este gráfico mostra a todos os implicados nun proxecto WiR típico (o que cada un proporciona e recibe).Os WiR traballan con diferentes tipos de organizacións. A maioría das veces son galerías de arte, bibliotecas, arquivos e museos (GLAM polas siglas en inglés) ou institucións educativas como universidades ou outras organizacións.
Algúns WiR son pagados pola organización onde traballan, ou poden ser pagados por unha organización relacionada coa Wikimedia , e algúns outros son voluntarios.
WaL Outro tipo de editores son os Wikipedian at Large (WaL), que traballan de maneira máis autónoma e itinerante, recibindo a miúdo financiamento a través de subvencións ou outros apoios para proxectos concretos. Non están vinculados a unha institución en particular, senón que colaboran con diversas organizacións e comunidades para mellorar a calidade e cantidade de contidos dispoñibles na enciclopedia.
Notas
Véxase tamén
Emily Temple-Wood Wikimedista do ano Ligazóns externas
Información xeral sobre WiR WiR en Nova Zelandia Rede de intercambio de Wikimedians in Residence - Onde os WiR se poden axudar mutuamente.
Categoría:Wikipedia Categoría:Wikimedia Categoría:Ocupacións