A Biblioteca Nacional de Escocia, en inglés National Library of Scotland e en gaélico escocés Leabharlann Nàiseanta na h-Alba, é unha institución escocesa con sede en Edimburgo que ten como principal misión reunir e preservar a bibliografía de Escocia. É unha das cinco coleccións nacionais de Escocia. É unha das maiores bibliotecas de investigación de Europa.
Historia Foi fundada en 1925. Incorporou os fondos da Advocates Library, a biblioteca da Facultade de Dereito da Universidade de Edimburgo, creada en 1689. Xa en 1710, obtivo o dereito de solicitar unha copia de calquera libro publicado no Reino Unido. A partir de 2020, tiña uns vinte e catro millóns de publicacións. Desde 2007, tamén garda o Arquivo de Imaxe en Movemento, unha colección de 46.000 películas e vídeos. Continúa ampliando a colección de libros e documentos dixitalizados, dispoñibles en liña.
En 2013 foi a primeira institución escocesa en contratar un wikipedista residente. En 2016 contratou un falante nativo de gaélico escocés para axudar a grupos de todo o país a desenvolver Uicipeid. Esta iniciativa ten como obxectivo animar a que máis persoas practiquen as súas habilidades lingüísticas e compartan os seus coñecementos sobre a cultura, o patrimonio e a comunidade gaélica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Home | National Library of Scotland (sitio oficial)
Categoría:Bibliotecas nacionais Categoría:Bibliotecas do Reino Unido Categoría:Edimburgo