Rosa Vázquez Vázquez, nada na Coruña o 13 de maio de 1964, é unha pintora galega.
Traxectoria En 1982 entrou na Facultade de Belas Artes da Universidade de Barcelona, licenciándose na especialidade de pintura en 1987. Continuou a súa formación con varias estancias, como no Massachusetts Museum of Contemporary Art (EEUU) ou na Internationale Sommerakademie für Bildende Kunst Salzburg (Austria). Foi profesora de ensino secundario dende o ano 1988 ata 2024, ano no que se retirou da docencia. En 1996 iniciou os estudos de escenografía na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, concluíndo no ano 2000. Reside en Madrid.
Obtivo diferentes bolsas para ampliar a súa formación, como a Bolsa de traballo no campo das artes plásticas para estudos nos EEUU, concedida pola Xunta de Galicia, nos anos 1991 e 1992, a Bolsa para o perfeccionamento de estudos de artes plásticas, outorgada pola Deputación da Coruña, en 1994 e mais a concedida polo concello de Mojácar (Almería) en 1993.
Ó longo da súa traxectoria realizou exposicións individuais, como Ruído, para o proxecto Balcones, na sala de exposicións Espai 13 da Fundación Joan Miró (Barcelona) en 1994; Números, no Centro de Recursos Culturales en 1995 e Paxaros, na galería Cruce en 1999, ámbalas dúas en Madrid; e Faro-Fisterra en 2003, en Santiago de Compostela.
Algunhas pezas da súa obra foron adquiridas por distintos organismos, como a Dirección Xeral de Xuventude, a Deputación da Coruña, os concellos de Betanzos e Mojácar, ademais de diferentes coleccións privadas.
Publicacións 1998 “Vangardias e Tempo”, Citania nº1, Santiago de Compostela, pp. 39-46. 2002 Art Teatral nº 17, Valencia. 2004 Art Teatral nº 19, Valencia. 2005 Escritura e imagen, vol.I, Publicaciones Universidade Complutense de Madrid. 2006 Escritura e imagen, vol.II (portada), Publicaciones Universidade Complutense de Madrid. 2020 Adra (portada), Museo do Pobo Galego.
Premios I Certame Galego de Fotografía Xuvenil convocado pola Xunta de Galicia, acadou o 3º premio no ano 1985. II Certame Galego de Fotografía Xuvenil convocado pola Xunta de Galicia, acadou o 3º premio no ano 1986. I Premio de Debuxo, Xuventude 90 de Artes Plásticas convocado pola Xunta de Galicia, acadou o 1º premio no ano 1990 (2ª edición da Bienal de Pintura Balconadas, Concello de Betanzos). V Certame “Isaac Díaz Pardo” de Artes Plásticas, a Deputación da Coruña adquiriu a súa obra Soñei Panamá no ano 1997.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1964 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes