Medio dólar doSesquicentenario de Vermont "½ Dollar Vermont Sesquicentennial". Numista.com"1927 Vermont Sesquicentennial Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com150x150px150x150pxA/: Busto de Ira Allen, fundador de Vermont Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / IRA ALLEN / FOUNDER OF VERMONTR/: Puma de lado, camiñando e ollando cara á esquerda. Marca de gravador (CK). Lendas: BATTLE OF BENNINGTON / IN GOD WE TRUST / 1777-1927 / AUG. 16 / E PLURIBUS UNUM / HALF DOLLAR Data: 1927. Ceca: US Mint: ceca de Filadelfia (sen marca). Gravador: Charles Keck. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 40.034 distribuídas (e outras 11.892 refundidas). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.

O medio dólar do Sesquicentenario de Vermont, coñecido tamén como medio dólar de Bennington-Vermont ou medio dólar do Sesquicentenario da Batalla de Bennington, é unha moeda de prata dese valor facial emitida en 1927 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada pola Ceca de Filadelfia, en conmemoración do 150 aniversario da batalla de Bennington e da independencia de Vermont en 1777."1927 Vermont Sesquicentennial Half Dollar". American Numismatic Association (Money.org).

O 9 de xaneiro de 1925, o senador de Vermont Frank Greene presentou un proxecto de lei para cuñar moedas conmemorativas do 150 aniversario da declaración de independencia de Vermont en 1777 e da vitoria estadounidense na batalla de Bennington ese mesmo ano. O seu proxecto foi aprobado polo Senado sen dificultade, e tamén na Cámara de Representantes, logo de superar algúns atrancos, e finalmente converteuse na lei pola que se autorizaba a creación da moeda, logo da sinatura do presidente Calvin Coolidge, o 24 de febreiro de 1925.

Logo deuse unha longa serie de desacordos sobre o deseño que debería amosar a moeda, entre a Comisión de Belas Artes e a comisión de Vermont encargada de organizar a emisión, como resultado da cal o deseñador orixinalmente previsto, Sherry Fry, abandonou o proxecto e foi substituído por Charles Keck, que dispuxo no anverso o busto de Ira Allen, fundador de Vermont, e no reverso a representación dun puma, o cal foi obxecto de numerosas críticas.

A comercialización do medio dólar do Sesquicentenario de Vermont non acadou o éxito esperado e a súa tiraxe non chegou a esgotarse, polo que máis dunha cuarta parte da emisión foi devolta á Ceca de Filadelfia para a súa refundición.

Antecedentes

O feito conmemorado Nos días previos á guerra da independencia estadounidense, a propiedade do que logo sería o estado de Vermont era incerta. Nova Hampshire reclamábao, ao considerar que o seu propio límite occidental estaba a 32 quilómetros ao leste do río Hudson; a provincia de Nova York cría que lle pertencía o territorio ao norte de Massachusetts, ao leste do río Connecticut.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 229-230. As autoridades británicas concedéronlle esa terra a Nova York en 1764, pero os colonos sentían máis afinidade con Nova Hampshire, do que obtiveran concesións de terras. Cando Nova York outorgou concesións para os mesmos terreos, xurdiu un conflito entre os dous grupos de colonos, e os que tiñan títulos de Nova Hampshire organizaron unha milicia local denominada Green Mountain Boys. Ao principio, os Boys centraron os seus esforzos en facer fuxir os colonos non desexados de Nova York, mais logo do inicio da guerra en 1775, desviaron o seu foco de atención cara aos británicos.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 82-83. miniatura|O Servizo Postal dos EEUU emitiu tamén un selo conmemorativo do sesquicentenario da batalla de Bennington e da independencia de Vermont (1927)."Vermont Sesquicentennial Issue". Smithsonian. Postal Museum ( Postalmuseum.si.edu). Os irmáns Ira e Ethan Allen naceron en Connecticut e foron líderes dos Green Mountain Boys. Ethan Allen dirixiu unha desacertada incursión en Montreal en 1775; foi capturado e pasou o resto da guerra da independencia como prisioneiro dos británicos. Pola súa banda, Ira Allen, ademais de líder militar foi membro da convención que declarou a independencia de Vermont en xaneiro de 1777. Como un actor clave na política de Vermont nos anos da guerra da independencia, serviu como tesoureiro do Estado, deseñou o gran selo e, xa na década de 1780, topografou varias cidades, tres das cales formaron o seu topónimo a partir do seu nome ou apelido: Ira, Irasburg e Alburg —esta última probablemente unha forma abreviada de «Allenburgh»—.Gregory, B. J. (2003). Páxinas 49-50.

En 1791, o ano en que Vermont foi admitido na Unión, Ira Allen foi o principal fundador da Universidade de Vermont, a primeira universidade dos Estados Unidos en ter unha política de non discriminación relixiosa. A partir desa data a súa fortuna minguou: en 1796 viaxou a Francia para comprar armas para a milicia estatal, pero o seu barco e o seu cargamento foron capturados polos británicos. Regresou a Vermont e atopouse con que as súas terras foran embargadas por impagamento de impostos e foi encarcerado en Burlington polas débedas. Fuxiu a Filadelfia, onde esperaba reverter a súa sorte, mais non puido, e finou alí na ruína en 1814.

En 1777, o xeneral británico John Burgoyne avanzou cara ao sur desde o Canadá, coa esperanza de dividir as colonias capturando o val do Hudson, no que se coñece como a Campaña de Saratoga. Con poucas subministracións, soubo da existencia dun depósito estadounidense mal vixiado no que hoxe é Bennington, Vermont, e enviou parte das súas tropas para o asegurar. Aos vermonteses uníronselles uns 1.500 milicianos de Nova Hampshire, e o 16 de agosto de 1777 tivo lugar a Batalla de Bennington. Uns 200 británicos morreron e 700 foron feitos prisioneiros, en tanto que só 40 americanos perderon a vida. Debilitado polas perdas e a imposibilidade de obter subministracións, Burgoyne foi derrotado na batalla de Saratoga, no estado de Nova York, ese mesmo outubro. Esta vitoria estadounidenseGregory, B. J. (2003). Páxina 50. foi considerada polo historiador Edmund Morgan como «un gran punto de inflexión da guerra, porque conseguiu para os americanos a axuda exterior [de Francia] que era o derradeiro elemento necesario para a vitoria».Morgan, E. (1956). Páxinas 82-83.

A idea da moeda conmemorativa O grande interese histórico destes feitos para a historia dos Estados Unidos motivou ou desexo dalgunhas entidades de promover a emisión dunha moeda conmemorativa da efeméride, como xa estaba a suceder con outras conmemoracións. Na década de 1920, as moedas conmemorativas non eran distribuídas polo Goberno estadounidense, senón que o Congreso, ao aprobar a lexislación que autorizaba cada moeda, designaba unha organización sen ánimo de lucro á que lle outorgaba ou dereito exclusivo de as adquirir ao seu valor nominal e logo revendelas á poboación cunha prima, supondo así unha fonte de financiamento para celebracións e eventos diversos.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.

No caso do medio dólar de Vermont, a entidade responsable da súa promoción e da súa distribución foi a Comisión do Sesquicentenario de Vermont.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 229.

Proceso lexislativo

Senado miniatura|O senador Frank Greene introduciu no Senado o proxecto de lei para a creación da moeda."Greene, Frank L. Honorable". Library of the Congress (LOC.org).O 9 de xaneiro de 1925, Frank Greene, do estado de Vermont, presentou no Senado un proxecto de lei para a emisión dunha moeda de prata de cincuenta centavos e outra dun dólar de ouro en conmemoración do 150 aniversario da batalla de Bennington e da independencia de Vermont."Bills Introduced". En Congressional Record - Senate. 9 de xaneiro de 1925. Páxina 1.503. Greene non fora desde sempre partidario das moedas conmemorativas; de feito, cando se debatera a creación do medio dólar do Centenario da Doutrina Monroe, en 1922, comentara: «a cuestión é se o Goberno dos Estados Unidos vai seguir sometendo ano tras ano a súa cuñaxe de moeda a este tipo de latrocinio»."1923-S Monroe Doctrine Centennial Half Dollar". En Bowers, Q. D. (1991). Páxina 168. O seu proxecto de lei foi remitido á Comisión de Banca e Moeda do Senado, da que Greene formaba parte, e esta comisión devolveuno ao pleno da cámara o 20 de xaneiro, cunha emenda e coa recomendación de que fose aprobado. A emenda eliminaba a peza dun dólar de ouro proposta inicialmente e aumentaba a tiraxe do medio dólar dos 20.000 exemplares iniciais a 40.000."Reports of Committees". En Congressional Record - Senate. 20 de xaneiro de 1925. Páxina 2.120. O 24 de xaneiro, George H. Moses, de Nova Hampshire, en nome de Greene, propuxo que o Senado tomase en consideración o proxecto de lei, que foi aprobado sen oposición."Anniversary of Battle of Bennington and Independence of Vermont". En Congressional Record - Senate. 24 de xaneiro de 1925. Páxina 2.403.

Cámara de Representantes O paso seguinte foi a remisión do proxecto de lei á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes,"Senate Bills Referred". En Congressional Record - House. 26 de xaneiro de 1925. Páxina 2.486. que celebrou sesión o 30 de xaneiro, dirixida polo seu presidente, o representante de Indiana Albert Henry Vestal. Vestal presentou unha carta do secretario do Tesouro, Andrew W. Mellon, na que este amosaba a súa oposición á emisión da moeda. Mellon sinalaba na misiva que moitas emisións conmemorativas anteriores non chegaran a venderse na súa totalidade, deixando as moedas na Casa da Moeda ou devolvéndoas para a súa fundición, e consideraba que se estaba a confundir a poboación ao introducir na circulación ordinaria unha parte do excedente non vendido de moedas conmemorativas. O Tesouro enviara tres funcionarios: o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Robert J. Grant, a subdirectora Mary M. O'Reilly e Garrard B. Winston, asistente do subsecretario do Tesouro. O'Reilly, que levaba máis tempo no Tesouro que os outros dous, dirixiuse á Comisión para advertir de que había seis proxectos de lei sobre emisións de moeda ante o Congreso, e que a Casa da Moeda cuñara xa nove conmemorativas nos últimos cinco anos.USHRCCWM (1925-a-). Páxinas 2-4.