A guerra de Vietnampódese escribir en minúsculas pois nunca foi declarada como tal, chamada tamén segunda guerra de Indochina, foi un conflito bélico que enfrontou entre 1958 e 1975 aos Estados de Vietnam do Sur e Vietnam do Norte, apoiados polos seus respectivos aliados e especialmente os Estados Unidos que axudaron directamente aos survietnamitas até a súa retirada en 1973, no contexto xeral da guerra fría.

As faccións en conflito foron, por unha banda, a República Democrática de Vietnam co apoio de movementos guerrilleiros survietnamitas como o Vietcong ou a Fronte de Liberación Nacional (NLF, polas súas siglas en inglés) e de subministracións soviéticas e chinesas. Polo outro lado, a República de Vietnam co apoio militar e loxístico dos Estados Unidos. En axuda dos estadounidenses tamén participaron, con tropas de combate, Australia, Corea do Sur, Filipinas, Nova Zelandia e Tailandia, mentres que Alemaña, Irán, Marrocos, o Reino Unido e Suíza contribuíron con subministracións materiais e equipamento médico. Outros continxentes testemuñais en apoio dos Estados Unidos foron enviados por Taiwán e tamén España, que mobilizou un reducido grupo de médicos militares en misión sanitariaAlfredo Bosque Coma, Españoles en Vietnam, nº 30 de La aventura de la Historia, Arlanza Ediciones, Madrid, abril de 2001.

A guerra distinguiuse na súa vertente militar por transcorrer sen a formación das tradicionais liñas de fronte, salvo as que se establecían ao redor dos perímetros das bases ou campos militares, de xeito que as operacións se sucederon en zonas non delimitadas, proliferando as misións de guerra de guerrillas ou de "procura e destrución", xunto con accións de sabotaxe nas retagardas das áreas urbanas, o uso da forza aérea para bombardeos masivos e o emprego extensivo de axentes e armas químicas, constituíndo estas últimas operacións flagrantes violacións a diversas convencións internacionais de guerra que prohiben a utilización de armas químicas e biolóxicas.

A cobertura do conflito realizada polos medios de comunicación permitiu a denuncia dos frecuentes abusos dos dereitos humanos e a brutalidade sobre a poboación civil por parte dos contendentes, alimentando a crecente oposición da opinión pública internacional cara á intervención norteamericana en particular.

Ante a contestación e división da sociedade norteamericana, os acordos de paz de París en 1973 supuxeron a retirada das tropas estadounidenses e o cesamento da súa intervención directa, pero non lograron pór fin ao conflito que proseguiu até que en 1975, tras a toma de Saigón, se forzou a rendición incondicional das tropas survietnamitas e a unificación do país, baixo o control do goberno comunista de Vietnam do Norte, co nome da República Socialista de Vietnam, o 2 de xullo de 1976.

A guerra causou a morte, segundo as distintas fontes, de entre 2 e 5,7 millóns de persoas Segundo informou o goberno de Hanoi con ocasión do 20º cabodano, Agence France Presse, 4 de abril de 1995 (http://www.rjsmith.com/kia_tbl.html), a meirande parte delas civís, e graves danos ambientais.

Para os EUA, o conflito resultou ser a confrontación máis longa na que participou o país dende a súa creación e alimentou o sentimento de derrota ou "Síndrome de Vietnam" en moitos cidadáns que se viu reflectido no mundo cultural e a industria cinematográfica, así como un repregamento na política exterior até a chegada de Ronald Reagan en 1980José María Carrascal, Es mi héroe, La aventura de la Historia, Arlanza Ediciones, Madrid, xullo de 2006. Preliminares

miniatura|Estados Unidos xa estaba en Indochina décadas antes de comezar a súa intervención directa no conflito. Na imaxe, helicópteros UH-1D recollen soldados do 2º batallón do 14º rexemento de infantaría estadounidense durante a operación "Wahiawa", noroeste de Cu Chi, 1966. US Archive.miniatura|Unha base do Vietcong en lapas.

Pese a que coleccións como Nam, Crónica de la guerra de Vietnam comezan a tratar o tema en profundidade dende o ano 1965, cando os marines desembarcaron na base Da Nang, outros autores, como Peter Arnett, veñen unila coa guerra de Indochina nun só conflito; este último autor chámao A guerra dos 10 000 díasPeter Arnett, Vietnam, la guerra de los 10.000 días (1945-1975), Editorial Planeta-De Agostini, Barcelona, 1993, Depósito Legal NA-212/1993.

Na guerra de Indochina os ilegalizados comunistas do Viet Minh loitaron contra o colonialismo francés. Pero non debe considerarse que a metrópole combatía soa contra todo o pobo vietnamita; os nacionalistas apoiaron durante todo o conflito aos franceses, até na angustiosa Batalla de Dien Bien Phu, onde estaban cercadas as mellores tropas francesas e se consideraba case imposible levantar o asedio, sempre saían voluntarios vietnamitas dispostos a saltar en paracaídas sobre a posición David Solar, "Ocaso Francés en Indochina", nº 62 de La aventura de la Historia, Madrid, Arlanza Ediciones, decembro de 2003..

Ao principio daquel conflito, Estados Unidos axudou a Francia co 20% dos gastos, aproximadamente. Ao terminar xa contribuía co 80% do esforzo bélico e chegou a ofrecer aos franceses dúas armas nucleares (que rexeitaron por non ver a utilidade do seu uso). Pese a non prestarlles todo o apoio solicitado polos colonizadores, o presidente Eisenhower enviou asesores e axuda, especialmente aérea: así, un terzo do material levado a Dien Bien Phu formaba parte da axuda estadounidenseMaría Teresa Largo Alonso, La guerra de Vietnam, Ediciones Akal, Madrid, 2002, ISBN 84-460-0454-2.

Tras a derrota francesa e os acordos obtidos na Conferencia de Xenebra de 1954, o apoio estadounidense ao réxime de Vgo Dinh Diem en Vietnam do Sur continuou, o mesmo que a oposición case total da administración estadounidense á unión das dúas nacións chamadas Vietnam. Pola súa banda, Vietnam do Norte continuou recibindo axuda da China e, en moita menor medida, da URSS. Inicialmente a axuda militar recaía principalmente na primeira nación, especialmente con armas lixeiras e portátiles; pero ao mesmo tempo con este tipo de envíos Pequín trataba de marcar as liñas mestras que debían seguir os vietnamitas, como comenta María Teresa Largo.

Vietnam non se reunifica Aínda que nos acordos de Xenebra se aprobaba a independencia de Camboxa, Laos, Vietnam do Norte e Vietnam do Sur incluíuse unha cláusula pola cal se celebraría un referendo en 1958 para decidir se os dous Vietnam seguían por separado ou se reunificarían.

Pero antes que o devandito referendo se levase a cabo, Ngo Dinh Diem deu un golpe de estado e anulou os comicios, o que indica a escasa confianza que tiña en gañalo. Como indica Eduard Punset: Ao mesmo tempo, a escasa entidade de Vietnam do Sur como país e a enorme corrupción existente no goberno, provocou que o réxime de Vgo Dinh Diem se volvese moi impopular.

Ante esta situación ocorreron dúas accións paralelas, pero complementarias: Comezo da presión de Vietnam do Norte sobre o Sur en forma de entrega de subministracións e armas aos opositores ao réxime prooccidental. Lenta creación dun movemento de resistencia contra o réxime ditatorial do presidente Diem denominado Fronte Nacional de Liberación de Vietnam, máis coñecido como Vietcong. O Vietcong comezou a loita en 1960 pola caída do réxime de Saigón e a reunificación do país. A súa táctica consistía na guerra de guerrillas que tantos éxitos lles trouxera no conflito anterior.

miniatura|Ngo Dinh Diem despois de ser asasinado, en 1963. Ao Vietcong resultáballe moi doado lograr voluntarios para terminar cun goberno incompetente, represivo e corrupto. Un aldeán que se uniu a eles declarou que cando chegaba o cobrador de impostos esixía aos habitantes da aldea os tributos e cando marchaba practicamente non lles quedaba nada;Varios, Nam, Crónica de la guerra de Vietnam, 1988, Editorial Planeta-De Agostini, Barcelona, ISBN 84-396-0755-6. ademais, o Vietcong contaba cun bo número de veteranos do Viet Minh que derrotaran aos franceses unha década antes, aínda que a maioría daqueles veteranos foron repatriados ao Norte tras a guerra de Indochina.

O presidente Diem morreu en 1963 nun golpe de estado, auspiciado pola administración estadounidense de John Fitzgerald Kennedy a quen non lle conviña apoiar un xeneral católico dentro dun país con outra maioría relixiosa; escenas como a que deu a volta ao mundo dun monxe budista sentado nunha rúa e cuberto polas lapas polo ritual bonzo (imaxe), para protestar contra a opresión budista por parte do primeiro ministro, marcaba as diferenzas relixiosas entre os dirixentes e o seu pobo. Diem, malia a súa man dura era o único xefe de Estado capaz de controlar a agresión das guerrillas. Diem foi substituído polo feble e falto de vontade Nguyen Van Thieu.

Novamente en guerra Mentres, en Vietnam do Norte a cancelación do referendo non constituíu un atranco insuperable. O seu presidente Ho Chi Minh, Vo Nguyen Giap como ministro de Defensa e o politburó, consideraron a independencia de Francia como un paso máis da súa estratexia a longo prazo. Segundo esta estratexia, a reunificación do país por votación ou pola forza sería o seguinte paso, e aínda máis coa posterior dominación de toda Indochina (vello soño vietnamita dende a Idade Media).

Os combates por parte dos guerrilleiros do Vietcong comezaron axiña, axudados polos comunistas do norte en forma de envíos de municións, armas, víveres e outros útiles por ruta marítima. Tamén se realizaron algúns envíos por terra no que despois foi a famosa Ruta Ho Chi Minh; pero inicialmente os homes do sur levaron a iniciativa axudados dende o mar.

Pola súa banda o ARVN, o exército de Vietnam do Sur, resultaba moi ineficaz loitando no seu propio país. O armamento pouco axeitado, os escasos pilotos de helicópteros nativos e especialmente a gran corrupción e ineptitude dos seus mandos (a maioría colocados por compromisos políticos entre familias cunha escasa cualificación militar e aínda máis escaso valor) facían que os soldados do sur se arriscasen o imprescindible; até vendo loitar os seus compañeiros a escasas decenas de metros, non tiveron confianza nos seus mandos e non seguiron as mínimas obrigacións dun soldado. Como exemplo, valla a testemuña dun estadounidense que se asombraba ao velos facer garda cun transistor a todo volume.

Malia os puntos a favor dos insurxentes, as vitorias e a dominación masiva de territorio déronse cando chegaron os homes do norte (como eran chamados por veces os soldados do EVN), porque pese ao que poida parecer, non todos os vietnamitas do sur vían con bos ollos os comunistas. Tampouco o Vietcong confiaba moito nos seus aliados, e estes non terminaban de vencer a súa resistencia a obedecer as ordes dadas dende Hanoi.

Por estas razóns, o réxime do Sur non se derrubou, pero cada vez cedía máis territorio. En 1965, ano da intervención directa dos Estados Unidos, aproximadamente o 60% do país estaba en poder do Vietcong e non había expectativas dunha mudanza na tendencia porque a iniciativa nos combates levábana os guerrilleiros e os soldados do Norte.

Estados Unidos e a teoría do dominó

Os avances do comunismo preocupaban aos Estados Unidos desde case a fin da segunda guerra mundial. Países como Malaisia, Indonesia ou Filipinas estiveran moi preto de caer do lado comunista; xa o fixeran a China, Vietnam do Norte, Birmania, Cuba e todas as nacións europeas baixo o mando soviético.

Estados Unidos, que xa era unha superpotencia con vontade de dominio global, temía quedar rodeada dunha constelación comunista da que Vietnam sería unha peza máis dunha cadea. Era a teoría do dominó.

Ás razóns políticas de xeoestratexia xúntanse os intereses económicos das empresas estadounidenses nesa rexión. Xa na época do presidente Eisenhower se lle instara a dar apoio aos franceses para manter baixo control as explotacións de caucho, volframio, estaño (todas elas materias primas estratéxicas) ademais do famoso arroz e opio vietnamita, polas que Vietnam era considerada a alfaia de Asia.