A Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas é unha asociación que representa os estudantes de matemáticas en España. Ademais, encárgase de organizar actividades de divulgación das matemáticas, de crear un vínculo entre o alumnado de matemáticas en España e de promover o papel dos matemáticos no mundo laboral.

Durante a asemblea xeral anual elíxese unha xunta directiva, responsable de dirixir e representar aos estudantes da Asociación noutras asociacións relevantes, e de supervisar e apoiar as ideas dentro do ámbito da asociación. Desde xullo de 2025, a directiva fórmana Marina Benito (presidenta), Laura Lorenzo (vicepresidenta), Iván Castro (secretario) e Raquel Izquierdo (tesoureira).

Historia miniatura|Logo da Asociación antigo A idea de crear a asociación xurdiu no terceiro Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas en 2002.

O Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas de 2011 formou parte do centenario da Real Sociedade Matemática Española.

Desde 2017 a asociación publica anualmente a revista TEMat, que difunde traballos de matemáticas.

En torno ao Día Internacional das Matemáticas de 2017, a Asociación organizou por primeira vez o Concurso do Día Pi.

En xuño de 2018 converteuse nunha das asinantes do Manifesto da Rede de Divulgación Matemática para o recoñecemento da divulgación das matemáticas, promovido pola Rede de Divulgación Matemática.

En abril de 2019 converteuse nunha das institucións impulsoras do Museo de Matemáticas de Aragón.

Desde 2023 é a organizadora da Liga Matemática.

O 4 de febreiro de 2024 anunciouse que a Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas apoiaría o Congreso Europeo de Matemáticas de 2024.

En xuño de 2025, a Asociación denunciou a decisión da Xunta de Galicia de eliminar o Máster en Matemáticas da USC, apoiando a plataforma En defensa do mestrado de Matemáticas da USC.

Presidencia

O presidente ou presidenta é a máximo representante da asociación. Elíxese anualmente no Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas, durante a asemblea xeral, por maioría absoluta, dentro dunha candidatura. A candidatura á xunta directiva inclúe presidencia, vicepresidencia, secretaría e tesouraría.

Juan Miguel Ribera Puchades (elixido en 2007) Esther Ramos (elixida en 2010) Adrià Alcalá Mena (elixido en 2011) Jaime Sánchez Fernández (elixido en 2012; fora vicepresidente) José Luis Ríos Calle (elixido en 2013, reelixido en 2014) Jaime Ferrer Velasco (elixido en 2015; foi a primeira vez que se votaba entre máis dun candidato) Andrés Mateo Piñol (elixido en 2016) Guillem García (elixido en 2017, reelixido en 2018) Alfonso Márquez (elixido en 2019, reelixido en 2020) Clara Martínez (elixida en 2021, reelixido en 2022) Marina Díaz (elixida en 2023, reelixida en 2024) Javier Polo (elixido en 2025) Marina Benito (elixida en 2026)

Notas

Categoría:Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas Categoría:Asociacións de España Categoría:Asociacións de estudantes