Michel Christol, nado en Castelnau-de-Guers o 25 de outubro de 1942, é un historiador, epigrafista e numismático francés especializado na Antigüidade romana.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Christol naceu en 1942"Michel Christol". En Diritto @ Storia. Rivista Internazionale di Scienze Giuridiche e Tradizione Romana. Nº 8. 2008. na cidade occitana de Castelnau-de-Guers, departamento de Hérault. Cursou a súa educación secundaria nas Escolas Cristiás de Béziers e logo marchou a Montpellier, onde estudou un curso superior de Literatura no Instituto Joffre e despois a carreira de Historia na Universidade de Montpellier;Bonsangue, M. L.; Hoët-van Cauwenberghe, C. (2010). Páxina 9. alí foi alumno, entre outros, de Hans-Georg Pflaum.Gascou, J. (2011). "Comptes rendus bibliographiques: Michel Christol, Une histoire provinciale, La Gaule narbonnaise [...]". En Revue archéologique. 2/2011. N° 52.
Entre 1964 e 1967 exerceu como profesor de Xeografía e Historia no instituto de Nîmes.
En 1981 acadou o seu doutoramento, cunha tese elaborada baixo a dirección de William Seston e de Charles Pietri versou sobre a crise do Imperio Romano en tempos de Valeriano e de Galieno, e foi defendida ante un tribunal presidido por André Chastagnol.Bonsangue, M. L.; Hoët-van Cauwenberghe, C. (2010). Páxina 8.
Carreira académica En 1983, dous anos despois do seu doutoramento, Christol accedeu ao posto de catedrático de Historia Romana da Universidade de París-I, cargo que ocupou ata a súa xubilación en 2008, cando pasou a ser profesor emérito."M. Michel Christol". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr). Tamén dirixiu o departamento de publicacións da Sorbona de 1989 a 2000.
Michel Christol foi presidente do consello de redacción da revista Gallia. Tamén dirixiu a Maison Avicenne —o pavillón de estudantes iranianos— da Cidade Internacional Universitaria de París, de 2001 a 2007.
Entre outras institucións académicas e sociedades eruditas, Christol foi membro de honra da Sociedade Francesa de Numismática —entidade que presidiu entre 1983 e 1985—,"Les présidents de la SFN". Société française de numismatique."Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314. e tamén foi membro do Instituto Europeo Séguier, da Sociedade Francesa de Estudos Epigráficos sobre Roma e o Mundo Romano, da Sociedade Arqueolóxica, Científica e Literaria de Béziers e da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia.
O 9 de xaneiro de 2015 foi nomeado membro non residente da Academia de Nîmes,"Membres non résidants". Academiedenimes.org e pronunciou o panexírico do seu predecesor, Maurice Agulhon. Tamén é o máximo representante da institución Escola Antiga de Nîmes."Michel Christol: Réception à l'Académie de Nîmes. Vendredi 9 janvier 2015". Academiedenimes.org
Christol é especialista en historia política do Imperio Romano, en particular do século III, na época da primeira crise do Estado imperial. Tamén centra o seu foco de interese na provincia romana Narbonense. É autor de numerosos manuais, un dos cales, escrito en coautoría con Daniel Nony, foi obxecto de continuas reedicións desde a súa primeira publicación en 1974. É coñeido polas súas análises das fontes numismáticas e epigráficas, sobre todo nos ámbitos da onomástica e da prosopografía.
Escolma de publicacións Esta é unha escolma das publicacións máis salientables de Michel Christol ao longo da súa traxectoria:"Michel Christol". En Diritto @ Storia. Rivista Internazionale di Scienze Giuridiche e Tradizione Romana. Nº 8. 2008."Christol, Michel (1942-)". Persee.fr (1974). Rome des origines aux invasions barbares (con Daniel Nony). Hachette, París. ISBN 2010011937 [a última edición é de 2014, co título de Rome et son Empire. ISBN 978-2011403209]. (1977). "Le trésor de Sanssac-l'Église et la circulation monétaire en Gaule, au début du règne de Valérien et de Gallien". En Cahiers de la Haute-Loire. Xaneiro. Páxinas 29-43. (1986). Essai sur l'évolution des carrières sénatoriales dans la 2e moitié du IIIe s. ap. J.-C. Nouvelles Éditions latines, París. ISBN 978-2723303071 (1987). Un castellum romain près d'Apamée de Phrygie (con Thomas Drew-Bear). Osterreichische Akad. der Wissenschaften, Viena. (1989). Studi sui procuratori delle due Mauretaniae (con Andreina Magioncalda). Univ. degli Studi di Sassari, Sassari. (1997). L'Empire romain du IIIe siècle. Histoire politique, 192-325 après J.-C. Errance, París. ISBN 978-2877721455 (2003). La collection Séguier au Musée archéologique de Nîmes (con Dominique Darde). Cahiers des musées et monuments. N° 12. Nîmes. (2005). Regards sur l’Afrique romaine. Errance, París. ISBN 978-2877723138 (2010). Une histoire provinciale. La Gaule narbonnaise de la fin du iie siècle av. J.-C. au iiie siècle ap. J.-C. Publications de la Sorbonne, París. ISBN 9782859446345 (2013). Voyage en Algérie antique (con F. Ferranti et al.). Actes Sud Editions. ISBN 978-2330009793 (2015). Ob singularem modestiam: Hommages Xavier Loriot. Ausonius. ISBN 978-2356131355 (2021). Histoire romaine, II. D’Auguste à Constantin (con P. Cosme et al.). Fayard, París. ISBN 978-2213712086 (2021). L'Expression du pouvoir au début de l'Empire: Autour de la Maison Carrée (con D. Darde). Errance, París. ISBN 9782877727259
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bonsangue, M. L.; Hoët-van Cauwenberghe, C. (2010). "Avant-propos". En Christol, M. Une histoire provinciale. La Gaule narbonnaise de la fin du IIe siècle av. J.-C. au IIIe siècle ap. J.-C. Publications de la Sorbonne, París. Páxinas 8-10. ISBN 9782859446345
Ligazóns externas
Vídeo: "Entretien avec Michel Christol, professeur émérite d'histoire ancienne". Université Paris 1 Panthéon-Sorbonne Vídeo: "Jean Michel Roddaz & Michel Christol - Histoire romaine. Vol. 2. D'Auguste à Constantin". Librairie Mollat
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados no departamento de Hérault Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Epigrafistas Categoría:Alumnos da Universidade de Montpellier Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática