Piotr Tatarynovič (en <ref>Segundo a forma actual da lingua belarusa. Outras formas serían a variante na forma clásica (taraškievica Пётар Татарыновіч, ou as formas correspondentes en łacinka Piotr Tatarynovič e Piotar Tatarynovič'''. Tamén aparece citado en belaruso como Пётра Татарыновіч e Пятро Татарыновіч, en italiano como Pietro Tatarynovič, en polaco como Piotr Tatarynowicz, e en inglés como Peter Tatarynovich.</ref>), nado o en Hajnin (Imperio Ruso, actual Belarús) e finado o 3 de setembro 1978 en Roma, foi un sacerdote católico latino belaruso, teólogo, publicista, tradutor e editor, activista do movemento democristián belaruso e delegado no Segundo Congreso Belaruso. Entre outras obras, traduciu ao belaruso os Evanxeos e os Feitos dos Apóstolos, así como a novela Quo Vadis? de Henryk Sienkiewicz. Foi tamén fundador e primeiro director da sección belarusa de Radio Vaticana, editor da revista da diáspora belarusa Źnič, e impulsor da belarusificación da liturxia. Traxectoria Primeiros anos e mocidade (1896–1921) Piotr Tatarynovič naceu o 14 de xuño de 1896 nunha familia acomodada de campesiños católicos belarusos da aldea de Hajnin, preto de Liachavičy, entón situada na parte occidental do condado de Sluck, na gobernación de Minsk do Imperio Ruso.Dende xaneiro de 1940 parte do distrito de Liachavičy da rexión de Brest. Os seus pais eran Stanislaŭ Tatarynovič e Karalina, de apelido de solteira Pašukievič, persoas coñecidas pola súa dilixencia e perseveranza na súa fe. O seu pai pasara seis meses na prisión de Sluck e dous anos no exilio por resistir á coacción para converterse á ortodoxia, que as autoridades tsaristas impuxeron á poboación local.

Foi bautizado o 29 de xuño de 1896 en Klieck, e fixo a primeira comuñón na parroquia dos Santos Apóstolos Pedro e Paulo de Miadzviedzičy.Esta igrexa fora pechada anteriormente polas autoridades tsaristas entre 1886 e 1905, motivo polo que Piotr Tatarynovič tivera que ser bautizado en Klieck no canto de Miadzviedzičy. Comparar ; e . Sobre a súa vocación sacerdotal, Tatarynovič a relacionaba con esta igrexa:

O seu avó tamén tivo influencia na súa decisión de ser sacerdote, así como un sacerdote lituano, Jan Grodziz, quen era profesor de relixión na escola secundaria de Sluck á que acudiu Tatarynovič.

En 1915 ingresou no seminario metropolitano da arquidiocese de Mahilioŭ en San Petersburgo, onde estudou Fliosofía e Teoloxía. Porén, en 1918 os seus estudos foron interrompidos polo peche do seminario, e pola vaga de arrestos de cregos e seminaristas que seguiu á revolución de outubro. Piotr Tatarynovič foi quen de fuxir ao seu país natal, a través dos países bálticos, agochándose en bosques e aldeas, e grazas á axuda de xente que lle ocultou dos bolxeviques; logo de tres meses, conseguiu chegar xunto a súa familia. Retomou os seus estudos no seminario de Minsk, onde en 1919 foi ordenado subdiácono por Zygmunt Łoziński. En 1920, por mor da guerra polaco-soviética, foi trasladado xunto con outros seis compañeiros (5 belarusos e 1 polaco) a Włocławek, onde o 12 de xuño de 1921 foron ordenados sacerdotes polo bispo Stanisław Zdzitowiecki; Tatarynovič foi ordenado sacerdote da diocese de Minsk. As autoridades da diocese de Cuiavia-Kalisz pretendían integrar a todos os novos sacerdotes na súa diocese, asignándolles encargos pastorais, mais os sacerdotes non aceptaron a proposta, segundo lembraba o propio Tatarynovič:

Traballo pastoral (1921–1940) thumb|Piotr Tatarynovič cos alumnos da escola secundaria Adam Mickiewicz en Baranavičy, o 10 de xuño de 1926. A primeira parroquia do novo sacerdote foi en Pinsk, entón capital da Polesia, onde estivo até 1922. A súa primeira misa, que tivo lugar na festa dos apóstolos San Pedro e San Paulo e que coincidiu coa festa parroquial, atraeu a unha multitude á cerimonia, desexosa de ver ao primeiro sacerdote de Polesia, procedente dunha parroquia noutrora perseguida relixiosamente. Unha das súas principais tarefas, ademais do seu traballo pastoral habitual, era axudar ao deán na renovación de dous edificios incendiados, a igrexa da Asunción da Santísima Virxe e o mosteiro da franciscanos, que posteriormente foron transformados en catedral e en edificio principal do seminario. Ademais, as súas funcións incluían a organización do traballo coa mocidade, a atención a localizacións remotas, e a asociación Juventus Christiana. En 1922, mentres loitaba coas dificultades en Pinsk, o ordinario envioulle a Navahrudak até 1924, onde residía entón o bispo Łoziński; este encargoulle a docencia no seminario menor e nas escolas primarias, as funcións da notaría da curia diocesana, e despois vigairo do deán local, Kazimierz Bukraba. Posteriormente, debido á falta de clero, foi enviado a Baranavičy até 1926, para traballar coa mocidade. As súas funcións incluían a construción dunha capela especial para escolares e facer de prefecto en cinco escolas primarias e unha escola secundaria. Alí tamén organizou a Unión da Xuventude Católica. En 1926, o bispo Łoziński envioulle como medida disciplinaria a traballar nunha aldea remota e illada en Podlaquia chamada Topczewo; o motivo da expulsión foi a actividade a prol do movemento nacional belaruso.

thumb|Procesión en Damačava, presidida polo bispo Łoziński, con Tatarynovič no centro do encadramento, o 16 de setembro de 1930. Pasado un ano, o bispo encargoulle a parroquia de Damačava (1927–1932), do decanato de Brest; nesta parroquia os fregueses expulsaran ao anterior párroco. Logo de que Tatarynovič se encargara da parroquia, houbo un florecemento da vida espiritual; malia que a inmensa maioría dos fregueses eran polacos, conseguiu gañarse a simpatía dos parroquianos. A maioría dos habitantes, incluíndo aos polacos e aos olenders, empregaban o dialecto local, que tamén foi utilizado con sensibilidade por Tatarynovič. O novo párroco renovou a igrexa, dándolle tres novos altares, e construíu unha reitoral. Tamén construíu unha casa do pobo católica, onde o 1 de xullo de 1928 os habitantes recibiron ao presidente polaco Ignacy Mościcki, e algo máis tarde no mesmo ano, ao bispo Łoziński durante a súa visita canónica. Naquel momento a parroquia estaba tan ben organizada que puido apoiar financeiramente á parroquia grecocatólica de Dzialiacičy. Daquela, a miúdo o bispo Łoziński enviaba a Tatarynovič como predicador talentoso ás parroquias grecocatólicas de Polesia, para axudar ao clero local. Foi tamén nesa época cando Tatarynovič comezou a súa actividade literaria e xornalística.

En 1932 o bispo Bukraba asignoulle a reitoría de Stolin, onde estivo até 1938. Aquí, Tatarynovič impulsou as organizacións eclesiásticas, como Caritas, as comunidades da Asociación do Rosario Vivo e a Katolickie Stowarzyszenie Młodzieży (Asociación da Mocidade Católica), para o que contou co apoio e favor da aristocracia local, en particular da administración do príncipe Karol Mikołaj Radziwiłł. Tamén exerceu de inspector da educación relixiosa nas escolas primarias do decanato de Luniniec e apadriñou o movemento sindical, que tiña catro delegacións na zona: Haradnaja, Aĺpień, Mierlinskija Chutary e Kolki. En termos xerais tivo éxito no seu traballo, o que non era unha tarefa fácil, xa que a situación en Stolin non era mellor que en Damačava. Sobre o seu traballo alí, escribiu o seguinte:

Tamén lle foi encargada outra parroquia, na aldea de Perlejewo, mais non puido tomar posesión dela debido ás circunstancias bélicas. Veuse entón na obriga de pedirlle ao seu ordinario un salvoconduto, que recibiu o 28 de novembro de 1939, coa intención de emigrar. Porén, posteriormente fíxose cargo da parroquia de Niemirów entre 1939 e 1940. En setembro de 1939, a aldea quedou baixo o dominio dos soviéticos e, como a fronteira soviético-alemá se estableceu no río Bug, os habitantes tiveron que desmantelar todos os edificios da súa aldea e trasladarse da franxa fronteiriza designada a dous quilómetros máis aló, por orde das novas autoridades soviéticas, entre o 10 de abril e o 10 de maio de 1940. A partir desta data, emitiuse unha prohibición categórica de visitar a localización da antiga Niemirów. Como a igrexa parroquial estaba situada dentro da zona de exclusión, Tatarynovič conseguiu sacar en segredo os materiais da igrexa e distribuílo a persoas de confianza para a súa custodia. Entón, as autoridades soviéticas puxérono baixo arresto domiciliario, do que escapou, querendo evitar a ameaza do exilio. Deixando Niemirów, trasladouse a Varsovia.

Segunda guerra mundial Entre outubro de 1939 e setembro de 1940 o metropolita Andrei Sheptytskyi ofreceu a Tatarynovič o encargo de primeiro exarca apostólico para os grecocatólicos de Belarús, que Tatarynovič rexeitou.O encargo foi tamén ofrecido a outros católicos belarusos, que tamén o rexeitaron: Fabijan Abrantovič, Adam Stankievič, e Vincent Hadleŭski. Finalmente, o 17 de setembro de 1940 foi nomeado exarca Anton Niemancevič.

Entre os anos 1940 e 1945 Tatarynovič viviu en varios lugares das dioceses de Varsovia, Wrocław e Rottenburg–Stuttgart, traballando normalmente como mansionario en parroquias grecocatólicas ou como capelán de conventos femininos.

No verán de 1941, logo da ocupación de Minsk polos alemáns, chegou alí enviado polo bispo Romuald Jałbrzykowski, xunto con outros sacerdotes belarusos como Dzianis Maliec, Stanislaŭ Hliakoŭski, e Kazimir Rybaltoŭski. A misión dos sacerdotes era restaurar a actividade pastoral da catedral do Nome da Virxe María para os fieis belarusos, que fora suspendida polas autoridades soviéticas. Durante un período de varios meses, grazas aos esforzos destes sacerdotes, foi posible restaurar esta catedral e a igrexa de San Simón e Santa Helena a un estado aceptable para o seu uso.Durante a ocupación soviética, a catedral fora usada como garaxe, e a igrexa como sala de cine. Os sacerdotes tamén prepararon a 200 rapaces para a primeira comuñón,A cerimonia tivo lugar o 5 de outubro de 1941 na catedral. e publicaron un libro de oracións e un catecismo para os católicos belarusos.O libro de oracións (Karotki malitaŭnik dla Biełarusaŭ-katolikaŭ), que tamén tivo versión cirílica, era unha versión abreviada da obra de preguerra publicada en Vilnius Hołas dušy, de Kazimir Svajak (Hołas dušy foi posteriormente publicado en Roma en 1949 polo mesmo Tatarynovič). O catecismo (Katechizm dla Biełarusaŭ-katolikaŭ) era una reedición dunha obra de preguerra.

thumb|O Teatro Estatal de Belarús durante a ocupación nazi, xuño de 1943

O 15 de decembro de 1943 Tatarynovič, xunto con outros representantes do clero belaruso, foi invitado á apertura cerimonial da conferencia de inspectores de educación, que tivo lugar no Teatro Estatal de Belarús. Chegoy vestido de civil, para non ser recoñecido como sacerdote, acompañado de activistas sociais e educativos belarusos como Anton Šukielojć, Anton Adamovič, Liavon Savionak e Aliaksandr Siankievič, entre outros. Durante a interpretación do himno alemán todo o público púxose en pé, facendo o saúdo nazi; os sacerdotes tamén puxéronse en pé, pero sen erguer o brazo, algo que resultou evidente e podía considerarse como unha provocación. Xusto despois da cerimonia Maliec e Hliakoŭski foron arrestados polo SD. Tatarynovič conseguiu evitar ser arrestado grazas á súa roupa civil e a súa localización no teatro (na galería). Cando deixou o teatro, varios membros do comité católico lle informaron dos feitos e, logo de escoltalo, segundo indicaba a testemuña Anton Šukielojć, "na tarde do día seguinte" foi enviado a Baranavičy, temendo que el tamén sería arrestado. Antes de marchar, e acompañado por un catequista, entrou no apartamento de Hliakoŭski e recolleou documentos, selos, e outros obxectos da habitación, para posteriormente entregalos a Adam Stankievič en Vilnius.