miniatura|Centro de precintaxe e guiado no couto de Ximonde. miniatura|O couto de Ximonde dende a ponte colgante. Ao fondo salto do río. O Couto de Ximonde é un couto de pesca no río Ulla situado entre as parroquias de San Miguel de Sarandón (Vedra) e Paradela (A Estrada).
Características
É un dos coutos salmoneiros máis importantes de Galicia e conta cun refuxio de pescadores e un centro de interpretación do río no seu interior; unha estación ictiolóxica de cría e reprodución así como diversos paneis informativos para os visitantes. Ten unha lonxitude 700 m e enmárcase augas abaixo da presa de Ximonde, de 110 metros de lonxitude, e o canal de Cubelas, xa na parroquia veciña de San Pedro de Sarandón. A estación levantouse sobre un antigo muíño e dende principios do século XXI traballase para repoboar o río de salmóns e outras especies como o mexilón de río. Moi cerca do couto atópase unha ponte colgante con 55 metros de lonxitude, de uso peonil que une as dúas ribeiras e conecta desta maneira os concellos de Vedra e A Estrada, así como as provincias da Coruña e Pontevedra.
As especies que se poden capturar son o salmón, o reo e a troita.
O couto estivo asociado historicamente ao Pazo de Ximonde, que pertenceu aos condes de Ximonde.
Cada mes de maio acolle o concurso internacional de Pesca de Salmón incluído na festa do salmón da Estrada. Polo couto discorre a Ruta de San Xoán da Cova (PRG-36).
Notas
Véxase tamén
Categoría:Vedra Categoría:A Estrada Categoría:Río Ulla Categoría:Pesca