miniatura|Unha granada de man de ferro coa mecha de madeira, de 1580 dereita|miniatura| Massive Ordnance Air Blast (MOAB), a bomba non nuclear máis poderosa do arsenal estadounidense. Unha bomba é un obxecto explosivo que libera a súa enerxía moi rapidamente. Esta detonación provoca unha grande onda de choque. A maioría das bombas non conteñen máis enerxía que o combustible común, excepto no caso dunha arma nuclear, pero son moi potentes ao liberar a súa enerxía dese xeito "explosivo". Adoita ser un tipo de recipiente cheo de material explosivo deseñado para destruír cousas e foron usadas desde hai séculos. Algunhas delas arroxan perigosos fragmentos metálicos chamados "metralla" e algunhas son bombas incendiarias.
Os materiais explosivos utilizados na minería funcionan do mesmo xeito, pero normalmente non se chaman bombas.
Etimoloxía A palabra "bomba" ten unha orixe incerta, mais adoptouse nas linguas románicas peninsulares a partir do francés bombe e do italiano bomba. Estas á súa vez poden derivar do latín bombus, que significa "zunido de abellas".
O termo está relacionado co grego antigo βóμβος (bómbos), que tamén significa "ruído forte" ou "zunido". Bombyliós designaba insectos como moscas ou abellas, e ten unha orixe onomatopeica relacionada co son que fan ao voar.Tanto bum! en galego como boom en inglés e noutras linguas son onomatopeas similares. Da mesma orixe son os termos taxonómicos bómbice (de βόμβυξ, bómbux), bombina, bombus e bombinos entre outros.
En varias linguas derivadas do indoeuropeo consérvanse palabras semellantes, como o vocábulo lituano antigo bumbet, que significa "zunido" ou o termo escandinavo bumba, que se traduce como "tambor".
Usos O seu significado principal como proxectil cargado de material explosivo, ten diversas acepcións; as forzas aéreas envían bombardeiros para destruír obxectivos inimigos. Os terroristas usan bombas en ataques suicidas ou en atentados etc.
Outros usos do termo A palabra "bomba" ten outros usos:
Como sinónimo de foguete ou artificio pirotécnico. No ámbito figurado, úsase para referirse a unha nova explosiva ou impactante. No contexto técnico, refírese a unha máquina que serve para trasfegar, extraer ou elevar fluídos por aspiración ou compresión.
Outros termos derivados Da palabra "bomba" tamén se derivan outros termos:
Bombear: impulsar un fluído usando unha bomba hidráulica, e de aí bombeiro. Bombardear: botar bombas explosivas desde un avión bombardeiro. Bombilla: ampola ou tubo delgado. Bombín: sombreiro en forma de fungo. Bombacho e bombacha: pantalón ancho. Bombo: tambor grande e bombardino (instrumento de vento metal) Bombón: chocolate pequeno, ás veces recheo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Arma Arma nuclear
Categoría:Explosivos