José Luis Morales Nogales, nado en Madrid o 23 de xullo de 1987, é un futbolista español que xoga como extremo ou dianteiro no Levante, da Segunda División.

Alcumado "Comandante Morales", é o futbolista con máis partidos disputados na historia do Levante (336), no que militou en dúas etapas. Conseguiu dous ascensos á Primeira División, un co Levante e outro co Eibar.

Traxectoria

Comezos Nado en Madrid, xogou na canteira do Brunete, antes de debutar na Terceira División co Parla. Despois de catro anos co Parla, en 2010 asinou co Fuenlabrada, da mesma categoría. Xogou unha única tempada no equipo, marcando 20 goles, a cifra máis alta da súa carreira.

Levante esquerda|miniatura|315x315px| Morales co Levante en 2016 O 1 de xullo de 2011 fichou polo Levante, para xogar inicialmente no seu filial en Terceira, e contribuíu con 14 goles ao ascenso do equipo na súa primeira tempada en Valencia. Titular indiscutible na seguinte campaña en Segunda B, foi o xogador con máis minutos do equipo dirixido por José Gómez. O 17 de abril de 2013 asinou un novo contrato de dous anos e foi ascendido ao primeiro equipo.

Para a tempada 2013/14 foi cedido ao Eibar, da Segunda División, categoría na que debutou o 18 de agosto, nun partido ante o Real Jaén.

Disputou 40 partidos e marcou 3 goles nunha histórica campaña na que o Eibar de Gaizka Garitano conseguiu ascender á Primeira División por primeira vez.

De volta no Levante, debutou na máxima categoría o 30 de agosto de 2014, nunha derrota por 3-0 ante o Athletic de Bilbao en San Mamés. Marcou o seu primeiro gol en Primeira o 4 de outubro, nun empate a tres goles ante o propio Eibar.

Militou no Levante durante os seguintes oito anos, sumando 70 goles e vivindo dous descenso a Segunda e un ascenso a Primeira. Durante ese tempo converteuse no xogador con máis partidos na historia do club e no máximo goleador do club en Primeira.

Vilarreal O 24 de xuño de 2022, o Vilarreal anunciou a fichaxe de Morales cun contrato de dous anos. O 6 de outubro marcou un triplete na vitoria por 5-0 ante o Austria Wien na Conference League, despois de saír dende o banco de suplentes. Repetiu triplete o 26 de novembro de 2023, nunha vitoria por 3-1 sobre Osasuna.

En xullo de 2024, tras rematar o seu contrato, regresou ao Levante.

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1987 Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Villarreal CF