Alphonse de Schodt, nado en Grave, Brabante do Norte, o 19 de novembro de 1827 e finado en Ixelles, Bruxelas-Capital, o 16 de febreiro de 1892, foi un numismático belga, que presidiu a Sociedade Real de Numismática de Bélxica de 1887 a 1889.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Alphonse de Schodt naceu en Grave, na provincia neerlandesa de Brabante do Norte, en 1827.Tourneur, V. (1892). Páxina 314.Alvin, F. (1913). Páxina 740. Fixo os seus primeiros estudos no colexio municipal de Ieper, onde os seus pais se estableceran logo da Revolución Belga de 1830, e a súa educación secundaria en Humanidades na vila de Tongre, en Hainaut, a onde que fora destinado o seu pai como funcionario.

Seguidamente, Schodt cursou estudos superiores de Dereito na Universidade de Bruxelas.

Traxectoria profesional e numismática A súa actividade profesional desenvolveuse no ámbito da Administración, onde exerceu como director xeral de Rexistro e Dominios, no Ministerio de Finanzas belga.Tourneur, V. (1892). Páxina 316."Mélanges". En Revue belge de numismatique et sigillographie. 38. 1882. Páxina 443.

Á marxe do seu labor profesional, a figura de Schodt é relevante como numismático. O 3 de xullo de 1870 foi elixido membro correspondente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica (SRNB), e o 2 de xullo pasou a ter a consideración de membro de número. A asemblea xeral da Sociedade elixiuno vicepresidente o 1 de xullo de 1883 e logo presidente o 3 de xullo de 1887; ocupou este cargo durante dous anos, xa que en 1889 dimitiu por razóns persoais."Réunion du bureau du 10 juillet 1889". En Revue de numismatique et de sigillographie. 45. 1889. Páxina 629. Ademais destes postos directivos, durante a súa presidencia asumiu tamén a dirección da revista da entidade, Revue de numismatique et de sigillograie, de cuxo consello de redacción formaba parte desde finais de 1883, e entre 1872 e 1882 encargouse da xestión da biblioteca.Tourneur, V. (1892). Páxina 315.

Alphonse de Shodt pertenceu tamén á Sociedade de Arqueoloxía de Bruxelas,"Séance mensuelle du lundi 7 mars 1892". En Annales de la Société d'archéologie de Bruxelles. T. 6. 1892. Bruxelas. Páxina 378. da que foi elixido membro de número o 8 de xullo de 1890."Élection de membres". En Annales de la Société d'archéologie de Bruxelles. T. 4. 1890. Páxina 432. Entre outras entidades e sociedades eruditas estranxeiras, Alphonse de Shodt foi membro honorario da Sociedade Numismática Sueca."SNF:s hedersledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik,se).

Schodt foi un dos numismáticos participantes no Congreso Internacional de Numismática celebrado en Bruxelas en xullo de 1891, cunha intervención acerca da relación entre a numismática romana e a arte da oratoria."La numismatique romaine dans ses rapports avec l'art oratoire". En Cumont, G.; de Witte, A. (1891). Congrès International de Numismatique organosé et réuni a Bruxelles. J. Joemaere, Bruxelas. Páxinas 291-336.Tourneur, V. (1892). Páxina 317.

A súa relevancia no ámbito da numismática non só se debe ao seu labor como coleccionista — a súa colección numismática tiña arredor de 15.000 pezas—, senón máis ben ao seu papel como estudoso e investigador. En 1872 publicou o seu primeiro artigo, dedicado ás téseras e ás fichas coñecidas como méreaux, unhas pezas tamén moi presentes na súa colección persoal. Este tipo de fichas, emitidas con fins diversos e en distintas épocas —desde a etapa romana ata a Idade Moderna— por particulares, parroquias, cabidos catedralicios, gremios etc., foron obxecto dun bo número de traballos publicados por Schodt. Por outra parte, tamén dedicou a súa atención nos seus estudos á numismática da antiga Roma.Alvin, F. (1913). Páxina 741.Tourneur, V. (1892). Páxinas 316-317.

Ao longo da súa traxectoria profesional e como numismático, Schodt foi merecedor de diversos recoñecementos, entre eles o de Comendador da Orde de Leopoldo (Bélxica), Comendador da Orde da Coroa de Carballo (Países Baixos), Comendador de Nossa Senhora de Vila-Viçosa (Portugal), Comendador da Orde de San Carlos (Mónaco) e Comendador da Orde de Medjidie (Imperio Otomán).

Alphonse de Schodt finou en Ixelles, Bruxelas-Capital, o 16 de febreiro de 1892, aos 64 anos.

Publicacións Schodt publicou unha boa cantidade de artigos e colaboracións sobre numismática en diversas revistas especializadas, sinaladamente en Revue belge de numismatique et de sigillographie, en Annales de la Société archéoloçiffue de Namur, en Annales de la Société d'Emulation de Bruges, e en Bulletins de la Société historique et littéraire de Tournai.

Esta é unha escolma dalgunhas das súas publicacións máis representativas:

Monografías (1873). Le jeton considéré comme instrument de calcul. Gobbaerts, Bruxelas. (1875). Le Chapitre de la cathédrale de Saint-Lambert à Liège et ses méreaux ou jetons de présence. Gobbaerts, Bruxelas. (1878). Méreaux de Bienfaisance Ecclésiastiques et Religieux de la Ville de Bruges. Gobbaerts, Bruxelas. (1881). Suétone et la numismatique. Gobbaerts, Bruxelas. (1883). Numismatique yproise. Gobbaerts, Bruxelas. (1885). Alphonse Vandenpeereboom. Bruxelas. (1889). Renier Chalon. Biographie numismatique. Bruxelas.

Escolma de artigos

(1880). "Quelques mots sur les méreaux des corporations, à propos d’un ouvrage de M. Dirks". En Revue belge de numismatique et sigillographie. 36. Páxinas 243-250. (1881). "Méreaux des chapitres de Florennes et de Sclayn". En Annales de la Société archéologique de Namur. 15. Páxinas 341-344. (1883). "Terme sur les médailles d’Octave-Auguste". En Revue belge de numismatique et sigillographie. 39. Páxinas 397-403. (1884). "Monnaies gauloises à l’inscription AVAVCIA". En Revue belge de numismatique et sigillographie. 40. Páxinas 79-80. (1885). "Signes du christianisme sur quelques monnaies romaines". En Revue belge de numismatique et sigillographie. 41. Páxinas 423-437. (1885). "Une lecture sur la numismatique à Tongres (Aduatuca Tungrorum)". En Revue belge de numismatique et sigillographie. 41. Páxinas 438-499. (1887). "Méreaux de la collégiale de Saint-Jean l’Evangéliste à Liège". En Revue belge de numismatique et sigillographie. 43. Páxinas 447-451. (1889). "Les jetons de la ville et de la châtellenie de Courtrai". En Revue belge de numismatique et sigillographie. 45. Páxinas 549-579.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sociedade Real de Numismática de Bélxica

Bibliografía

Alvin, F. (1913). "Schodt (Alphonse-Fidèle-Benoît-Constantin de)". En Biographie nationale. T. 21. Académie royale des sciences, des lettres et des beaux-arts, Bruxelas. Páxinas 740-741. Cumont, C. (1892). "Alphonse Fidèle Benoît Constantin de Schodt". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 48. Sociéte royale de numismatique de Belgique. Páxinas 314-318.

Categoría:Nados en 1827 Categoría:Nados en Brabante do Norte Categoría:Finados en 1892 Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade Libre de Bruxelas Categoría:Personalidades sen imaxes