Galapa é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Atlántico. Forma parte da área metropolitana de Barranquilla e ten baixo a súa xurisdición o centro poboado Paluato.
Historia miniatura|Museo Arqueolóxico de Galapa. O nome atribúeselle ao cacique Jalapa, que dominaba as vilas indíxenas até a desembocadura do río Magdalena.
No momento da chegada dos españois, no lugar xa había un asentamento indíxena, o que o converte nunha das poboacións máis antigas do departamento. O seu descubrimento polos colonizadores españois foi en marzo de 1533, cando Pedro de Heredia atopou o asentamento dos mokanás, mestura de caribes e autóctonos da zona.
Coma outras vilas indíxenas, foi dada en encomenda en 1600 a Nicolás De Barros e posteriormente a Pedro De Barros, o seu fillo. Os poboadores indíxenas da rexión non ofreceron resistencia aos colonizadores europeos, e isto deu lugar a un acoplamento de economía gandeira. O concello foi creado por medio da Lei 37 de 1873.
Notas
Categoría:Concellos do Atlántico