Falco sparverius é o máis pequeno e máis común falcón de América do Norte. Tamén se distribúe por América do Sur e é unha especie ben estabelecida que evolucionou ata chegar a 17 subespecies adaptadas a diferentes ambientes e hábitats en todo o continente americano. Presenta dimorfismo sexual en tamaño (as femias son moderadamente meirandes) e plumaxe, aínda que ambos os sexos teñen o dorso avermellado con barras notables. A súa plumaxe é colorida e atractiva, e os xuvenís son semellantes en plumaxe aos adultos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Aves de América Categoría:Animais descritos en 1758