A península Meta Incognita é unha península que se atopa no extremo sur da illa de Baffin, na rexión de Qikiqtaaluk de Nunavut, no Canadá. Localízase entre o estreito de Hudson, ao oeste, e a baía de Frobisher, ao leste. A localidade de Kimmirut atópase na costa noroeste da península.

Historia Na segunda viaxe que Martin Frobisher fixo na procura do paso do Noroeste, en xullo de 1577 reclamou estas terras no nome da raíña Isabel I de Inglaterra. A raíña denominou a zona como Meta Incognita, en latín "os límites descoñecidos." Na última viaxe de Frobisher, en 1578, planificouse establecer unha colonia permanente na zona.

Notas

Categoría:Penínsulas de Norteamérica Categoría:Xeografía do Canadá