Jon Bautista Orgilles, nado en Maó o 3 de xullo de 1995, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Eibar, da Segunda División.

Traxectoria Aínda que naceu na localidade balear de Maó, na illa de Menorca, trasladouse moi novo á vila guipuscoana de Errenteria. Formouse nas canteiras do Touring KE e da Real Sociedad e en 2014 subiu ao Sanse, da Segunda División B

O 24 de abril de 2016 debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo a Mikel Oyarzabal nos últimos minutos dun empate sen goles ante o Villarreal.

Marcou o seu primeiro gol o 8 de maio de 2016, na vitoria por 2-1 ante o Rayo Vallecano. Antes da campaña 2017/18, ascendeu definitivamente ao equipo principal.

Despois de xogar habitualmente como substituto de Willian José primeiro e Alexander Isak despois, o 11 de xullo de 2019 saíu cedido ao KAS Eupen. De regreso na Real, en 2021 proclamouse campión da Copa do Rei adiada por mor da pandemia de COVID-19, aínda que quedou no banco na final ante o Athletic de Bilbao.

Na tempada 2021/22 xogou cedido no Leganés, da Segunda División.

Eibar En xullo de 2022 asinou por tres anos polo Eibar. Na súa primeira campaña no club, disputou 40 partidos e xogou a promoción de ascenso a Primeira.

Vida persoal O seu tío José María Bautista foi tamén futbolista e militou entre outros no Celta de Vigo, o Real Burgos e o Eibar.

Notas

Categoría:Nados en Maó Categoría:Nados en 1995 Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do KAS Eupen Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco