Etayoa bacatensis é a única especie do xénero extinto de mamífero ungulado Etayoa, pertencente á familia Carodniidae, na orde Xenungulata. Viviu a principios do Eoceno (hai aproximadamente 55 millóns de anos) no norte de América do Sur.

O espécime fósil holotipo consiste nunha mandíbula con dentes, achada na Formación Bogotá na localidade de Cidade Bolívar en Bogotá, Colombia.1987 - Description of Etayoa bacatensis - Paleobiology Database O tamaño estimado deste ungulado sería similar ao dun can.

Etimoloxía A especie foi nomeada polo paleontólogo colombiano Carlos Villarroel como unha homenaxe a Fernando Etayo Serna, quen contribuíu á investigación paleontolóxica e estratigráfica en Colombia. 2012 - Etayoa bacatensis, un mamífero de hace 55 millones - Paleontología en Colombia - consultado o 21-04-2016 O nome da especie, bacatensis refírese a Bacatá,Villarroel, 1987 o nome muisca para a principal aldea da confederación muisca do sur, que sería posteriormente a capital colombiana, Bogotá.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista da flora e fauna que leva o nome dos muiscas Bibliografía

Categoría:Fósiles de Colombia Categoría:Fósiles descritos en 1987