A casa reitoral de Laíño é unha casa reitoral galega situada no concello coruñes de Dodro, na parroquia de Laíño.

Descrición É unha construción ampla a carón da igrexa de San Xián de Laíño. Un camiño lousado permite o acceso á casa, que esta cuberto por unha lata en arco. Destaca a escaleira de cantaría que comunica a planta baixa co andar superior e mais a cheminea monumental. Cara o poñente, rodeada por un valo alto, esténdese a horta do cura, onde se ergue un pombal circular e un hórreo de cinco claros.

A casa reitoral rehabilitouse no ano 2009 para acoller un centro de día.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Laino Categoría:Dodro