Sachicasaurus vitae é unha especie fósil de réptil mariño da familia dos pliosáuridos. É a especie tipo do xénero Sachicasaurus. Foi descuberta no barremiano da Formación Paja, no Altiplano Cundiboyacense de Colombia.
Etimoloxía O nome do xénero Sachicasaurus refírese a Sáchica, a localidade onde foi atopado o fósil, e saurus, que quere dicir "lagarto" en grego latinizado. O epíteto da especie, vitae, quere dicir "da vida" en latín, e foi elixido pola vida que espertou en Sáchica o achado de fósiles.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista da flora e fauna que leva o nome dos muiscas Bibliografía
Categoría:Fósiles de Colombia Categoría:Fósiles descritos en 2018