A Casa Loma é unha mansión tipo castelo neogótico e xardín que se atopa no centro de Toronto, Ontario, no Canadá. Na actualidade é unha casa museo e un atractivo turístico da cidade. Foi construído entre 1911 e 1914 como residencia de Sir Henry Pellatt. O arquitecto foi E. J. Lennox, quen deseñou outros edificios senlleiros da cidade. A Casa Loma atópase a unha altura de 140 metros sobre o nivel do mar,Casa Loma Altitude and Location 66 metros sobre o lago Ontario.

Debido ao seu carácter arquitectónico único en Toronto, a Casa Loma foi un lugar de rodaxe popular para filmes e televisión. Tamén é un lugar popular para a celebración de vodas, e pódese alugar despois de que o museo peche ao público.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Toronto