miniatura|Ovos de Curruca ruppeli - MHNT

A papuxa de Rüppell (Curruca ruppeli) é unha papuxa da familia Sylviidae. Reprodúcese en Grecia, Turquía e illas veciñas. É unha ave migratoria, que pasa o inverno no nordés de África. É un vagante raro no oeste de Europa.David Armitage Bannerman

Taxonomía e etimoloxía

Xunto coa Curruca melanothorax forma unha superespecie de papuxas con gorxas escuras, liñas malares brancas e bordos das rémixes claros. Ademais, está reacionada coas especies do Mediterráneo e Próximo Oriente de Sylvia (ou Curruca) con anel ocular espido, concretamente a Curruca cantillans (papuxa balcánica), Curruca melanocephala (papuxa de cabeza negra) e Curruca mystacea. Ambos os grupos teñen unha área malar branca, pero esta pode non formar unha liña clara no último dos grupos; por riba do branco, as cabezas dos machos son uniformemente escuras.Helbig, A. J. (2001): Phylogeny and biogeography of the genus Sylvia. In: Shirihai, Hadoram: Sylvia warblers: 24-29. Princeton University Press, Princeton, N.J. Jønsson, Knud A. and Fjeldså, Jon (2006): A phylogenetic supertree of oscine passerine birds (Aves: Passeri). Zool. Scripta 35(2): 149–186.

O nome galego de Rüppell e o epíteto do nome científico honra a memoria do zoólogo alemán e explorador Eduard Rüppell (1794–1884).

É unha especie monotípica, é dicir, carece de subespecies recoñecidas.

Descrición É unha Curruca típica, similar en tamaño pero máis delgada que a papuxa de cabeza negra. Os adultos teñen un dorso gris e partes ventrais grises máis claras. O bico é fino e agudo, con patas marróns e ollos vermellos. O rechamante macho ten cabeza negra e, xeralmente, unha gorxa negra, separada por unha liña malar branca ("bigote"). As femia ten gorxa clara e a cabeza é gris en lugar de negra. O dorso gris ten tons marróns. A canción é un repenico máis profundo e máis lento que a da pauxa de cabeza negra.

Ecoloxía

Hábitat Reprodúcese en ambientes cálidos e secos, incluíndo áreas rochosas, ladeiras cubertas de arbustos e mato e desde o nivel do mar ata altitudes de aproximadamente 800–1000 metros. Nalgunhas rexións, como o sueste de Turquía, foi observada a maiores altitudes ata os 1500 metros, e en Creta, ata os 1600 metros. Esta especie ocupa unha ampla variedade de hábitats mediteráneos secos, desde áreas boscosas con suficiente sotobosque a áreas de mato con escasa cuberta de arbórea. Prefire os bosques espesos abertos de carballos e cipreses, así como terreos herbosos e rochosos con diversas densidades de cuberta arbustiva. Comparado coa papuxa de cabeza negra estreitamene emparentada, a pauxa de Rüppell depende menos da vexetación densa e alta. Durante a estación non reprodutora, frecuenta zonas áridas arbustivas, e tamén xardíns, zonas de canaveiras, e sebes. Durante a migración, pode observarse en ladeiras de outeiros espesas, ladeiras montañosas e uadis de desertos con árbores Acacia.

Reprodución O seu niño é unha estrutura cupuliforme robusta construída con follas e ramiñas. O interior está tapizado de materiais máis finos. Os niños están normalmene situados en arbustos densos a miúdo espiñentos, a alturas a 45 a 75 cm do chan. En Grecia, a posta de ovos adoita ocorrer desde a metade de abril á metade de maio. A posta normalmente consta de 4 ou 5 ovos.

Dieta Este paxaro insectívoro aliméntase principalmente de insectos adultos e larvas. Porén, a súa dieta probablemente inclúe tamén outros artrópodos. Durante a estación non reprodutora tamén suplementa a súa dieta con bagas.

Conservación Esta especie ten unha ampla área de distribución e unha gran poboación. A tendencia da poboación non se coñece, pero non se cre que estea preto do limiar da vulnerabilidade. Por estas razóns, clasifícase como "pouco preocupante" na Lista vermella da IUCN.

A poboación europea estimouse en de 206.000 a 1.030.000 individuos maduros. Isto representa aproximaamente o 95 % da poboación global, que se estimou preliminariamente en de 217.000 a 1.080.000 individuos maduros.

Notas

Categoría:Sílvidos Categoría:Animais descritos en 1823