Lijepa večer, lijep dan é un filme croata de 2024 escrito e dirixido por Ivona Juka. Está protagonizado por Emir Hadžihafizbegović, Elmir Krivalić, Dado Ćosić, Slaven Došlo e Đorđe Galić. Foi escollido como candidato de Croacia para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Catro amigos, Lovro, Nenad, Stevan e Ivan rebeláronse contra o réxime nazi e uníronse ao partido NOB. Dezaseis anos despois, son artistas recoñecidos que se senten con dereito a criticar a sociedade pola que loitaron. Aínda que son veteranos dignos do NOB, ao partido non lle gustan os filmes que crean; e cando a súa sexualidade comeza a erguer sospeitas, o partido contrata o axente Emir para que sabote o seu traballo.

Elenco

Emir Hadžihafizbegović Elmir Krivalić Dado Ćosić Slaven Došlo Đorđe Galić Goran Grgić Asja Jovanovic Milica Mihajlovic Vedran Mlikota Enes Vejzovic Marko Braić Anja Šovagović Matija Prskalo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Croacia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua croata Categoría:Filmes de Croacia Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Chipre Categoría:Filmes de Bosnia e Hercegovina Categoría:Filmes sobre o nazismo Categoría:Filmes sobre represión política Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Bosnia e Hercegovina Categoría:Filmes sobre temática LGBT do Canadá Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Chipre Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Croacia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Polonia