miniatura|300px|Escudo de armas da familia Castro (Portugal). Castro é un apelido galego e portugués, moi común tamén en países de fala portuguesa, en Hispanoamérica e en Filipinas. En orixe facía referencia ao lugar de residencia ou procedencia da persoa, coincidente co topónimo castro.

En xaneiro de 2023 existían 55.800 persoas en Galicia co apelido Castro, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Castro na Web do Instituto Galego de Estatística.

Etimoloxía O apelido Castro é unha liñaxe orixinaria do Reino de Galicia espallado por León e Castela. A orixe do apelido é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.2ª declinación de substantivo neutro. Segundo Lewis & Short, elemento do dicionario vinculado en ligazóns externas, xeneral, ben sexa en singular ou plural, castra cun posible significado de tendas.

Distribución xeográfica Segundo datos de 2014, o 19,2% de todas as persoas que se apelidan Castro viven en México (cunha frecuencia de 1:254), o 12,0% en Colombia (1:157), o 10,0% no Brasil (1:801), o 6,8% en Filipinas (1:583), o 6,3% nos Estados Unidos (1:2,249), o 5,2% na Arxentina (1:325), o 4,8% no Perú (1:261), o 4,7% en España (1:387), o 4,0% en Venezuela (1:299), o 3,9% en Chile (1:179), o 3,0% en Ecuador (1:206), o 2,6% en Honduras (1:134), o 2,4% en Guatemala (1:269), o 2,0% en Costa Rica (1:93), o 1,8% en Cuba (1:251), o 1,7% en Nicaragua (1:141), o 1,5% en Bolivia (1:276), o 1,5% no Salvador (1:165), o 1,5% en Portugal (1:278), o 1,4% na República Dominicana (1:297) e o 1,1% en Mozambique (1:1,011).

En España, a frecuencia deste apelido é maior á media nacional (1:387) nas seguintes comunidades autónomas: 1. Galicia (1:95) 2. Illas Canarias (1:282) 3. Andalucía (1:310) 4. Asturias (1:338)

En Costa Rica, a frecuencia deste apelido é maior á media nacional (1:93) nas seguintes provincias:Castro surname distribution 1. Provincia de Alajuela (1:65) 2. Provincia de San José (1:75)

Personalidades Inés de Castro, dona galega emparentada coa coroa castelá, protagonista de varias obras teatrais (1320-1355); Guillén de Castro, dramaturgo valenciano (1569-1631); Francisco Castro Canseco, escultor leonés (1655-1724); José María Castro Bolaño, político e xornalista galego (1803-1876); Juan Francisco de Castro Fernández, ilustrado galego (1721-1790); Rosalía de Castro, poeta galega (1837-1885); Ángel Castro Argiz, emigrante galego en Cuba, pai de Fidel e Raúl Castro (1875-1956); Baltazar Castro, político e escritor chileno (1919-1989); Fidel Castro, político cubano, dirixente da república dende 1959 até 2008 (1926-2016); Raúl Castro, militar e político cubano, irmán de Fidel Castro, sucedeuno na presidencia en 2008 (n. 1931); Francisco Castro, escritor galego (n. 1966); María Castro, actriz galega (n. 1981).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de apelidos galegos Bibliografía

Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega

Categoría:Apelidos galegos Categoría:Apelidos portugueses