Straume é un filme letón de 2024 dirixido por Gints Zilbalodis e escrito por Zilbalodis e Matīss Kaža. O filme non ten diálogos, e conta a historia dun gato, un can, un capibara e un lémure, nun mundo aparentemente posthumano, que tentan sobrevivir mentres o nivel da auga aumenta drasticamente ao seu redor.

A produción do filme comezou en 2019 e durou cinco anos e medio. A animación realizouse usando o software Blender, de balde e de código aberto. É unha coprodución letoa, francesa e belga.

Na 97ª edición dos Óscar gañou o premio na categoría de mellor filme de animación. Foi escollido como candidato de Letonia para o Óscar ó mellor filme internacional, sendo finalmente nomeado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Letonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar Bibliografía

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes de Letonia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Globo de Ouro á mellor animación Categoría:Óscar ó mellor filme de animación