miniatura|O arquitecto Antonio Palacios. O Plan Palacios, denominado formalmente como Plan de Extensión e Reforma Interior de Vigo, foi un proxecto urbanístico ideado polo arquitecto Antonio Palacios para a cidade de Vigo. Foi asinado o 1 de decembro de 1932 e aprobado no concello o 26 de xaneiro de 1934. Porén, xamais chegou a executarse, e finalmente foi desbotado en febreiro de 1937. O proxecto, influenciado polas tendencias de por aquel entón coma a Art déco monumental ou o brutalismo de Le Corbusier, proxectaba unha grande avenida desde o monte do Castro ata o mar, imaxinándoa coma a sede do futuro goberno galego. O Plan Palacios distribuía a cidade en varias zonas: unha zona industrial, unha zona portuaria, unha zona pesqueira e unha zona balnearia, así coma unha zona administrativa da que partía unha grande avenida que desembocaba na estación marítima, formando a Gran Vía Atlántica. O plan tamén consideraba a eliminación do casco vello, o tripo de zonas verdes, ou o desenvolvemento de Coia como barrio residencial de casas e edificios de poucas alturas. Segundo o arquitecto porriñés, o plan pretendía converter Vigo na "Barcelona do Atlántico". Foi o primeiro plan urbanístico galego que contemplou unha actuación supramunicipal.

Contexto urbanístico 250px|miniatura|O monte do Castro eríxese no medio da cidade, ofertando vistas panorámicas da urbe e da ría de Vigo, mais condicionando a organización urbana por se atopar nesa localización. A localización da cidade ao pé do monte do Castro orixinou unha barreira urbana para o desenvolvemento da cidade. Así, a accidentada orografía e a morfoloxía irregular que abrangue máis dun terzo da cidade, con grandes pendentes e desniveis, foi desde hai séculos un reto á hora de vertebrar a cidade.

O crecemento urbano da cidade foi, por outra banda, rápido e caótico, pasando de ser apenas unha vila mariñeira no século XVII, a unha puxante cidade industrial nos séculos XIX e XX, que levou a Vigo a se converter incluso na capital da provincia entre 1821 e 1823, así como en 1840. Entre 1900 e 1910, a cidade duplicou a súa poboación, o seu porto comezaba a se desenvolver, e o ferrocarril xa chegara había case 40 anos, atraendo consigo a numerosos empresarios ligados á industria do mar, dos estaleiros e do sector servizos. O propio Antonio Palacios denominou a Vigo coma unha cidade imán, que atraía investidores e empresarios, así como unha grande emigración da contorna nun contexto de forte éxodo rural.

En 1907 foi aprobado un plano urbanístico ideado por Ramiro Pascual e que serviría como unha das bases do plan de Palacios. Así, creouse un ensanche que modificou o casco antigo e deu lugar a tres rúas que discorrían paralelas ao mar. Máis aló deste proxecto, o resto do crecemento da cidade continuou a ser anárquico, desorganizado e sen ningún tipo de planificación pública. O porto e a rede de tranvías fóronse desenvolvendo á marxe da planificación urbanística da cidade, e as ordenacións urbanísticas aprobadas en 1926, lonxe de restrinxir a proliferación de edificacións privadas, protexérona.

A necesidade do plan Nos anos 20 produciuse na cidade unha crise económica no contexto dunha crise global que afectaba ás importacións de carbón e outros materiais imprescindíbeis para a industria da cidade por aquel entón, así como unha mingua nas comunicacións tanto terrestres coma marítimas: o porto apenas se adecuaba ao crecemento da cidade, e as comunicacións por terra co resto da cidades galegas e da península eran lentas e ineficientes. miniatura|Castelo de San Sebastián. Neste senso, xa o historiador e xeógrafo vigués Xosé Manuel Souto González viña recollendo os reclamos da sociedade viguesa dun plan que se axeitase ás necesidades urbanísticas da vila olívica:

Cronoloxía O 15 de agosto de 1930, Vigo superaba os 65 000 habitantes no padrón, e presentaba unha taxa de crecemento do 29 %. Así, as normas de por aquel entón obrigaron os dirixentes da urbe a desenvolver un Plan de Extensión e Reforma do Interior da Cidade.Segundo o Estatuto Municipal de 1924, todos os concellos de máis de 10 000 habitantes e unha taxa de crecemento de máis do 20 %, comprendido no período de 1910 e 1920, estaban na obriga de desenvolver un plan para estender o seu crecemento.

En 1908 presentou por primeira vez os seus proxectos sobre a urbanización de Vigo a un grupo de vigueses que querían celebrar a “Exposición das Industrias do Mar”. En 1919 Palacios rematou o seu primeiro estudo sobre a urbanización da cidade e presentouno os días 13 e 16 de setembro dese mesmo ano, dentro dun ciclo de conferencias organizado pola sociedade “La Oliva”. miniatura|300px|Recollida de algas na ribeira do Berbés de Vigo, 1892, Museo Carmen Thyssen de Málaga.Gathering Seaweed on the Banks of the Berbés, Vigo Museo Carmen Thyssen Málaga . En 1919, Palacios presentou un bosquexo ou anteproxecto, e en decembro de 1932 entregouse o proxecto definitivo.

Aspectos fundamentais do plan Plano comarcal Palacios ideou a cidade de Vigo de xeito integrado coas comarcas do seu arredor, isto é, o que hoxe se corresponde cos concellos de Redondela, O Porriño, Mos, Gondomar, Cangas, Moaña, Vilaboa, Baiona e Bueu. O desenvolvemento deste tecido interurbano baseouse no concepto de cidades xardín de Ebenezer Howard.

Así, Palacios estableceu a Vigo e a Lavadores como o centro ou imán das cidades xardín, e até 20 cidades satélites nun raio de máximo 15 quilómetros cadrados.

Porén, o plan de Palacios das cidades xardín casaba ben pouco coa dispersión territorial da contorna. De feito, a organización territorial comarcal encaixaba mellor co modelo de cidade lineal de Arturo Soria.

Rede de transporte Palacios deseñou dúas estratexias para as comunicacións terrestres: un comarcal e outro para interior da cidade, ambos antagónicos. A nivel comarcal, para a conexión cos núcleos satélites, Palacios creou un sistema radial con arcos ou aneis entrelazados formando unha cintura, similar ao plan deseñado por Zuado e Jansen para Madrid. A particularidade destas conexións, segundo o arquitecto, era a combinación de vías terrestres e marítimas. miniatura|Edificio El Moderno nunha postal de 1925 de Hauser y Menet. Para o interior da cidade, porén, Palacios pensou un sistema lineal seguindo a liña litoral, cortada por rúas paralelas en sentido oblicuo, coa fin de diminuír a pendente. As vías litorais seguían en parte o trazado do plan de ensanche de Ramiro Pascual, cun percorrido sinuoso e serpeante. Palacios planificou tres grandes vías: a Gran Vía Atlántica, que conectaba toda zona litoral; a Vía Céltica na ladeira intermedia e a Vía Cornixa, na zona alta da cidade. Tamén contemplou a creación dun nó administrativo onde potencialmente se aloxarían sedes do goberno e outras administración, baixo a denominación de Rúa Galicia. As vías terían un largo de entre 35 e 50 metros, e con diferntes alturas en función de se o tráfico era de automóbiles, tráfico pesado, peonil ou portuario, tal e como defendía Le Corbusier coa zonificación funcional por alturas.

En canto ao transporte non automobilístico, Palacios formulou a creación dunha rede subterránea de trens e metros, así coma un funicular subterráneo baixo a rúa Galicia, complementándose con un sistema de buses e trolebuses polo centro, e un sistema de pasaxes de vapor no litoral. Finalmente, contemplou unha estación marítima e unha rede de trens de alta velocidade que conectarían a urbe con París e Lisboa.

Zonificación Palacios defendeu a zonificación da cidade segundo o modelo de Le Corbusier. Así, dividiu a cidade nas seguintes áreas: Área marítima Área interior Área de extensiónI. Industrias conserveiras, porto franco e estaleiros. II. Zona comercial. III. Zona de cabotaxe. IV. Zona de viaxeiros. V. Zona pesqueira. VI. Zona de balneario.VII. Zona administrativa. VIII. Zona comercial e de vivendas. IX. Zona universitaria. X. Zona médico-sanitaria. XI. Zona ferroviariaXII. Zona obreira (casas económicas). XIII. Zona residencial (barriadas xardín). XIV. Zona militar e xurídica. XV. Espazos libres (zonas verdes).

Área marítima 300px|miniatura|dereita|Área Balnearia de Samil. A área turística e residencia conceptualizouse para albergar vivendas unifamiliares ou de poucos andares, inmobles turísticos e grandes xardíns, segundo o modelo de cidade-xardín. Ao carón do río Lagares e seguindo a franxa consterira, establecéronse áreas verdes e unha gran zona de baño. Igual que acontecera co Plan Macià, Palacios sostiña a idea de abrir a cidade ao mar. Ideou, dentro da franxa costeira, zonas reservadas a áreas turísticas, comerciais e industriais. Esta última área, composta por estaleiros, conserveiras e demais tecido industrial da cidade, estaba planeada para ser agochada ou ocultada lonxe do centro urbano. Así, planificouse unha grande área industrial arredor do monte da Guía, así como a creación de novos barrios populares ou obreiros arredor dela. Así, a zona máis céntrica quedaría reservada á terminal marítima de pasaxeiros, así como a zonas comerciais e turísticas que comunicarían co centro da cidade.

Nas parroquias de Samil e Panxón (esta última no concello de Nigrán, xa que o Plan Palacios sempre tivo unha visión supramunicipal ou de área metropolitana), Palacios planteou unha zona balnearia, no que coexistisen hoteis e balnearios adicados ao turismo, así como grandes zonas verdes e areais dedicados ao lecer da poboación local, especialmente en festivos e fins de semana. Palacios ideou para Samil unha zona con vivendas turísticas, casas unifamiliares, zonas verdes e unha densidade de poboación menor, entre 45 e 600 habitantes por quilómetro cadrado. O obxectivo final era crear unha cidade xardín e unha zona de baño, denominada praia de Baños.

250px|left|miniatura|Aeroporto de Terramar tal e como o deseñou Antonio Palacios. Á dereita do aeroproto, a zona Balnearia de Samil.

En canto ao transporte, Palacios deseñou a súa propia estación marítima. A idea de Palacios era establecer unha gran terminal no centro da cidade que estivera conectada mediante un ferrocarril subterráneo que a conectase coas demais estacións, de tren e autobuses. Ademais, Palacios conceptualizou en Bouzas unha zona de "aerotaxis", cunha pequena pista de aterraxe á que denominaría Terramar de Bouzas. Dito aeródromo estaría, á súa vez, conectado por tren co Aeroporto do Noroeste, o aeroporto que Palacios proxectou nas Gándaras do Porriño como aeroporto da cidade.

Todas as áreas da Zona Marítima estarían conectadas por un gran vial denominado Gran Vía Atlántica. Dito vial, conceptualizado para conectar cunha vía de alta capacidade todas as zonas da franxa costeira viguesa, seguiría a contorna litoral, seguindo o modelo de viais como a ronda litoral de Barcelona.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Cidade xardín Ramiro Pascual Lorenzo

Ligazóns externas El urbanismo y dibujos de un gran soñador de modernidad: Antonio Palacios Universidade Nacional de Educación a Distancia

Categoría:Vigo Categoría:Urbanismo