Ill Niño é un grupo estadounidense de latin metal formado en Nova Jersey a comezos do ano 2000. Tódolos integrantes do grupo teñen orixe latinoamericana, sendo orixinarios ou descendentes de países coma Perú, Guatemala, Venezuela, Brasil, México e República Dominicana.
Historia O grupo creouse no ano 1998, ano no que gravaron un EP, sendo Jorge Rosado o vocalista, có título de El Niño. Este era tamén o nome do grupo nos seus comezos, facendo referencia ao fenómeno meteorolóxico do mesmo nome. En 1999 o grupo formalizouse oficialmente. Trala marcha de Jorge Rosado do grupo, El Niño firmou coa discográfica Roadrunner Records no ano 2000, pero tiveron que mudar o nome do grupo á Ill Niño xa que o anterior xa o tiña outro grupo.
O seu primeiro álbum, Revolution Revolución, saíu ao mercado o 18 de setembro do 2001. A banda formou parte das xiras Ozzfest e Jägermeister en 2002. A comezos do 2003 Marc Rizzo deixou o grupo, por conflitos persoais e o desexo de perseguir proxectos diferentes, e Danny Couto uniuse ao grupo. Pouco antes da saída ao mercado de Confession, Ahrue Luster, anteriormente membro de Machine Head, uniuse ao grupo.
Confession foi lanzado ao mercado o 30 de setembro de 2003. O álbum debutou no número 37 na lista Billboard 200.Ill Niño > Charts & Awards, allmusic.com 29 de Abril de 2006. O single principal do disco, "How Can I Live", incluíuse na banda sonora do filme Freddy vs. Jason, e foi o seu primeiro single que chegou a lista Billboard. O álbum vendeu máis de 110,000 copias nos Estados Unidos nos seus primeiros 5 meses no mercado.Ill Niño: 'This Time's For Real' Video Online 20 de Febreiro de 2004.
O seu terceiro disco, One Nation Underground, saíu á venda o 27 de setembro do 2005. O grupo anunciou que remataba o seu contrato coa discográfica Roadrunner Records o 15 de xullo do 2006, e asinou un novo acordo co selo discográfico Cement Shoes Records.Ill Niño asina con Cement Shoes Records 24 de Xullo do 2006.
Tras asinar coa nova discográfica, o grupo gravou un EP de cinco temas, The Under Cover Sessions, o 7 de novembro do 2006. Tres dos temas eran versións, incluíndo a canción do grupo Faith No More "Zombie Eaters", "Territorial Pissings" de Nirvana e "Red Rain" de Peter Gabriel. Vendeu 1,300 copias na súa primeira semana no mercado.Ventas na primeira semana de Ill Niño 15 de novembro do 2006.
O cuarto álbum do grupo, Enigma, tiña como data de saída ao mercado o 9 de outubro do 2007, pero atrasouse varias veces, saíndo finalmente o 11 de marzo do 2008.O disco 'Enigma' atrásase 10 de xuño do 2007.
No 2009 comezaron unha xira por Europa chamada There Goes the Neighborhood xunto a God Forbid e Exilia, sendo un dos concertos da xira en Vigo o 13 de marzo.
En marzo de 2010 o grupo anunciou o seu acordo con Victory Records para a gravación dun novo álbum producido por eles mesmos e os co-produtores Sahaj Ticotin e Clint Lowery. O álbum foi titulado Dead New World e publicouse o 25 de outubro de 2010.
En febreiro de 2012, Ill Niño anunciou o comezo da gravación do que sería o seu sexto álbum de estudio, de novo baixo o selo de Victory Records. Este novo álbum foi gravado en estudios de Hoboken, Austin e Denver, e foi finalmente publicado o 22 de outubro de 2012 baixo o título Epidemia. Posteriormente, o 1 de outubro de 2013 o percusionista Daniel Couto deixou o grupo, sendo substituído por Oscar Santiago, e o 22 de xullo de 2014 o grupo publicou un novo álbum de estudio, titulado Till Death La Familia.
Membros
Membros actuais Cristian Machado – Voz principal (1999–actualidade), baixo (1998–1999) Dave Chavarri – Batería (1998–actualidade) Lazaro Pina – Baixo (1999–actualidade) Ahrue Luster – Guitarra (2003–actualidade) Diego Verduzco – Guitarra (2006–actualidade) Oscar Santiago – Percusión (2013–actualidade)
Antigos membros Daniel Gomez – Guitarra (1998) Jorge Rosado – Voz principal (1998–1999) Marc Rizzo – Guitarra (1998–2003) Jardel Martins Paisante – Guitarra (1999–2006) Roger Vasquez – Percusión (1999–2003) Daniel Couto – Percusión (2003–2013)
Discografía Revolution Revolución (2001) Confession (2003) One Nation Underground (2005) Enigma (2008) Dead New World (2010) Epidemia (2012) Till Death, La Familia (2014)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais formados en 2000