Ánxela Lema París, nada en Muros en 1991, é unha investigadora e escritora galega.
Traxectoria Graduada en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios (2013) pola Universidade da Coruña, no ano 2020 obtivo o título de Doutora, con mención internacional e cum laude, coa tese titulada Deconstruír o erotismo poético desde as non-monogamias. Estudo e relectura da poesía erótica galega e da súa recepción crítica na primeira década do século XXI, dirixida por Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Marta Segarra (Universidade da Coruña / Université Paris 8 Vincenntes Saint Denis). Realizou, ademais, estudos de posgraduado como o Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (2014), o Mestrado en Teoría da Literatura e Literaturas Lusófonas (2015) e o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas (2021).
Foi lectora de lingua, literatura e cultura galegas e profesora temporal da Université Sorbonne-Nouvelle Paris 3 (2015-2018), lectora de español no Institut Universitaire de Technologie d'Amiens-Université de Picardie Jules Verne (2017-2018), investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (2018-2020) e bolseira Margarita Salas na modalidade posdoutoral. Na actualidade exerce como profesora do Departamento de Letras da Facultade de Filoloxía da UDC na área de Filoloxías Galega e portuguesa e é membro do Grupo ILLA e colaboradora do proxecto EDILIGAL. Activista LGTBIQ+, formou parte da plataforma A Sega e é integrante da Rede Galega de Estudos Queer.
Os seus ámbitos de investigación son os estudos de xénero e literarios, especialmente a análise de como inflúen o sistema sexo-xénero e o sistema monógamo á hora de relacionarnos coa literatura, cuestións sobre as que leva publicado diferentes traballos e impartido numerosas conferencias e seminarios. Nesta liña editou, xunto con Danny Barretto (Universidade Colgate) o número de 2024 da revista Galicia 21 "Dende a outra beirarrúa: culturas e estudos cuir en Galicia", unha das primeiras achegas académicas a uns estudos cuir galegos.
No ámbito da ficción publicou, xunto a Sara Villar Aira, Ex-céntricas (Fetiche, 2022), poemario que comezaron a escribir durante a Pandemia de COVID-19.
En 2023 coordinou con Andrea Nunes Brións o ensaio O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias (Xerais), polo que foron galardoadas co Premio Follas Novas á obra de divulgación.
En marzo de 2025 publicou Insubmisión ambigua. Voces e relatos alén da monosexualidade (Xerais), ensaio coordinado con Ana M. Amigo Ventureira.
Obras Ensaio
Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez, Xerais, 2020 (coordinadora con Andrea Nunes Brións). ISBN 978-84-9121-676-6. O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias, Xerais, 2023 (coordinadora con Andrea Nunes Brións). ISBN 9788411102889. Insubmisión ambigua. Voces e relatos alén da monosexualidade, Xerais, 2025 (coordinadora con Ana M. Amigo Ventureira). ISBN 978-84-1110-615-3.
Poesía Ex-céntricas, Fetiche, 2022 (con Sara Villar Aira) ISBN 978-84-123034-2-1.
Capítulos en obras colectivas
"O suxeito poético performativo como alternativa ás lecturas biografistas e/ou sexualizantes", en Herrero, Nieves; Freire, María Pilar; Agrelo, Eulalia (eds.): Novo espazo público: a emerxencia cultural. Cadernos CIPPCE sobre emerxencia cultural, 3, 2016. ISBN 978-84-16533-85-5. "Sobre ruptura(s) coa heteronormatividade e (homo)erotismo na poesía galega", en Vilavedra Fernández, Dolores; Garrido González, Ana; Boguszewicz, Maria (eds.): Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinaria, Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade da Varsovia; Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia , 2018. ISBN 978-83-65911-15-5. "O epistolario Ricardo Carballo Calero-Francisco Fernández del Riego", Cadernos Ramón Piñeiro. Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero, Xunta de Galicia, 2020. ISBN 978-84-453-5348-6. "Outras lentes para lermos a obra de María Reimóndez. Achegármonos, reflexionarmos sobre Pirata (2009) e En vías de extinción (2012)", Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez, Xerais, 2020. ISBN 978-84-9121-676-6. "Verbalizarnos, decirnos. El discurso lesbiano en la literatura gallega de los 80 y 90", en Anne-Claire Sanz e Claudia Jareño Sanz-Gavillon (dirs.): Otras miradas. Voces y formas de la creación feminista desde los años 60 en el Estado español, Bellaterra, 2021. ISBN 978-84-18684-09-8. "Amar desde as fendas", en Nunes Brions, Andrea / Lema París, Ánxela (eds.): O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias, Xerais, 2023. ISBN 9788411102889. "Mujeres invisibles: nombres propios en la edición en Galicia (1975-2000)" (con Carme Fernández Pérez-Sanjulián), en Pérez de Guzmán Padrón, Sofia / Iglesias Onofrio, Marcela (coords.): Precariedades laborales y desigualdades de género en Iberoamérica, Madrid, Dyckinson, 2024. ISBN 978-84-1170-585-1. "Non as vin, pero sentinas", en Lema París, Ánxela / Amigo Ventureira, Ana M. (eds.): Insubmisión ambigua. Voces e relatos alén da monosexualidade, Xerais, 2025. ISBN 978-84-1110-615-3.
Artigos en revistas
"A heteronormatividade como obstáculo na lectura poética. O caso Elvira Riveiro Tobío", Abriu. Estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, 6, 2017. . "Jaula e janela. Uma análise da questao da sexualidade no conto José Matias", Revista Queirosiana. Estudos sobre Eça de Queirós e a sua Geraçao, 2018. . "Leer otramente. Rompiendo con la concepción heteronormativa del sexo en la poesía gallega erótica contemporánea", L’Âge d’or, 12, 2019. "Botar por fóra do texto: hipersexualización e cousificación das poetas galegas", Abriu. Estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, 12, 2023. . "A poesía será monógama e monosexual até que se demostre o contrario", 452ºF, 29, 2023. . "Construír unha bi-bliografía: a bisexualidade na narrativa galega", eHumanista/IVITRA, 23, 2023. . "Amores que no perpetúan la forma-propiedad: Entrevista con Ira Terán", Revista 2i: Estudos de identidade e intermedialidade, 6, 9, Portugal, 2024. . "Contradiscursos sobre a família: desfazer (os) laços" (con Danny Barretto), Revista2i. Estudos de identidade e intermedialidade,, 6, 9, 2024. . "Dende a outra beirarrúa: culturas e estudos cuir en Galicia", Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies, Issue M, 2024. .
Divulgación
As nosas letras de muller a muller. Un percorrido pola historia do Día das Letras Galegas, Mareiras, 2018 (con María Eiras). ISBN 978-84-09-05766-5.
Edicións
Antonio Fraguas. Escolma, Xunta de Galicia, 2020 (editora con Luís Alonso Girgado, Laura Piñeiro Pais e Raúl Costas Pereira). ISBN 978-84-453-5351-6.
Recoñecementos
Gañadora do XVII Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía da UDC na modalidade de poesía en lingua galega (2010). Gañadora do XVIII Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía da UDC na modalidade de poesía en lingua galega (2011). Gañadora do XIX Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía da UDC na modalidade de poesía en lingua galega (2012). Candidata ao Premio Follas Novas do Libro Galego ao libro de poesía, con Sara Villar Aira, por Ex-céntricas (2023). Gañadora do Premio Follas Novas do Libro Galego á obra de divulgación, con Andrea Nunes Brións, por O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias (2024).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ánxela Lema París - Portal da Investigación (Universidade da Coruña)
Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1991 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Activistas LGBT de Galicia Categoría:Profesores da Universidade da Coruña