O río Piloña, tamén chamado río Grande, é un río do norte de España que discorre pola zona centro-oriental de Asturias. É o principal afluente do río Sella e ten unha lonxitude de 42,2 km.
Curso Nace na parroquia de Cecea do concello de Nava, da confluencia dos ríos Pra e Viáu a 201 metros sobre o nivel do mar. Atravesa os concellos de Nava, Piloña e Parres, onde finalmente desemboca no río Sella en Les Arriondes.
Todos os anos en abril celébrase nas súas augas o "Descenso de Piraugas do Río Piloña", tendo lugar a saída na localidade de L'Infiestu.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Afluentes do Sella Categoría:Ríos de Asturias