Leandro Aroca González, nado en Madrid o 26 de marzo de 1916, foi un político e militar español.
Traxectoria Auxiliar administrativo da Estación Pecuaria Regional de León.Boletin del Instituto de Reforma Agraria, 33, 3-1935, p, 173. Militante das Juventudes Socialistas de León, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado membro do comité provincial con sede en Villamarín con José Arija e Joaquín del Palacio.La Guerra civil en la montaña leonesa Despois foi membro do comité das Juventudes Socialistas Unificadas de Xixón, combatiu no exército leal en Asturias chegando a tenente dun batallón de infantería. Coa caída de Asturias foi detido e xulgado por rebelión en consello de guerra o 8 de febreiro de 1938. Condenado a 30 anos, cumpriu condena na prisión de Oviedo, trasladado á prisión de Burgos o 9 de xullo de 1939, pasou á Prisión Central de Figueirido o 8 de setembro de 1940, de onde saíu en liberdade condicional o 26 de xullo de 1943.BOE, 28-12-1943, p, 12313- Instalado en Vigo, pasou á clandestinidade. Foi reclamado polo xuíz militar mediante requisitoria en agosto de 1943.El Pueblo Gallego, 13-8-1943, p. 2. En febreiro de 1945 foi detido acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Mariano Otero Castelao, Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Avelino Álvarez Meana, Xosé Velo Mosquera, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo e xulgados na Coruña na causa 94/45 en maio. Cumpriu condena na Prisión Central de Burgos onde chegou o 23 de outubro de 1946. Saíu en liberdade condicional o 28 de novembro de 1954.Registro-Índice de la Población Reclusa (1938-1955). Archivo General de la Administración. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.
Notas
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Madrid
Categoría:Nados en 1916
Categoría:Finados en ano descoñecido